O sector das telecomunicacións de baixo custe está a vivir nos últimos meses unha auténtica revolución. En certo modo, a baixada de prezos de grandes operadores, como Vodafone, ou os cambios nas segundas marcas destes operadores dominantes, están a facer que outras compañías, como Finetwork, movan ficha. Fano mellorando aínda máis unhas ofertas que xa eran de por si competitivas.
O novo plan que presenta Finetwork, contratábel até o próximo 30 de setembro a través de todas as súas canles, permite ás usuarias acceder a un produto converxente completo e certamente competitivo.
Por 25,90 €/mes, Finetwork ofrece unha liña simétrica de fibra de 600 Mbps con dúas liñas móbiles con 30 GB cada unha e chamadas ilimitadas. Ademais, durante un ano inclúe completamente de balde o pack Elige TV Básico, con 80 canles temáticas, e toda LaLiga Hypermotion.
Pack Elige TV Básico gratis con outras tarifas de Finetwork
Finetwork tamén ofrece de forma gratuíta o seu paquete de televisión Elige TV Básico contratando outras tarifas de móbil e converxentes.
Concretamente, a operadora regala este servizo de televisión no plan de só móbil con chamadas e datos ilimitados por 19,90 €/mes ou nos plans converxentes de 600 Mbps + 55 GB, 1 Gbps + 150 GB e 1 Gbps + GB ilimitados por 25,90 €/mes, 29,90 €/mes e 34,90 €/mes, respectivamente.
Ofertas de Finetwork para PEMES e autónomas
Por outra banda, Finetwork Empresas continúa a reforzar a súa oferta para PEMES e autónomas, e presenta dúas importantes novidades con fibra de 1 Gbps e datos ilimitados no móbil.
O plan Pack Pro1 Max ofrece fibra 1 Gbps, móbil con datos ilimitados e fixo por 39 €/mes, mentres que co Pack Pro2 Max engádese ademais unha segunda liña con 10 GB, cun prezo final de 43,90 €/mes. Nestes casos, os prezos indicados son sen IVE.