Telefónica reforza a rede 5G na Festa da Istoria de Ribadavia e outros grandes eventos da provincia de Ourense

De xeito similar ao acontecido recentemente durante a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, Telefónica vén de anunciar o reforzo da súa rede móbil 5G en Ribadavia para responder ao aumento de tráfico de datos durante a Festa da Istoria, que se celebra esta fin de semana.

Con este movemento, a operadora pretende dar resposta ao gran incremento na demanda de voz e datos previsto durante a celebración do evento, declarado de Interese Turístico.

Reforzo da cobertura 5G noutros eventos da provincia de Ourense

O reforzo da cobertura durante a Festa da Istoria non é o único programado por Telefónica na provincia de Ourense este verán. Dentro do seu Plan Verán 5G, a operadora considerou unha decena de festividades masivas que acolle Ourense entre os meses de xuño e setembro, entre elas a Festa dos Milagres (Baños de Molgas), o Rally Ribeira Sacra ou a Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia).

No conxunto de Galiza son máis de cen os eventos masivos nos que Telefónica reforzou a súa rede, ao que hai que sumar o aumento da capacidade da rede en 43 destinos turísticos de costa e 6 de interior. Nalgúns casos, estanse a empregar unidades móbiles ou axustes en instalacións existentes, mentres que nouros optouse por instalacións que permanecerán activas pasado o verán.

Sobre o autor

Reply