realme vén de anunciar o lanzamento dun novo smartphone, o realme C61. Un dispositivo económico, mais con algunha que outra característica avanzada, deseñada para ofrecer unha experiencia na que se combina durabilidade, rendemento e elegancia.
Precisamente o fabricante destaca a súa durabilidade. E é que o realme C61 está fabricado cunha arquitectura metálica ultra resistente ás caídas. Con iso, aseguran que as usuarias poden aparcar o medo a sufrir datos e percances cotiás.
Ademais, o realme C61 está equipado cunha clasificación IP54 de resitencia ao pó e á auga, protexendo o dispositivo de derrames accidentais ou chaparróns repentinos. Así mesmo, grazas á función Rainwater Smart Touch mantén a pantalla sensíbel mesmo cando está mollada, garantindo un funcionamento sen problemas en calquera condición climática.
Especificacións do realme C61
O realme C61 está equipado cunha pantalla de 6,7 polgadas, resolución HD+ (1600 x 720 píxeles), e taxa de refresco de 90 Hz. No seu interior leva un procesador octa core UNISOC T612, xunto con 6 GB de RAM (e outros 6 GB dinámicos a costa da memoria interna), con 256 GB de memoria interna.
A cámara principal é un sensor de 50 MP con funcionalidades de intelixencia artificial (IA), mentres que a destinada aos autorretratos queda nos 8 MP. Dispón dunha batería de 5.000 mAh con carga de 45W, conectividade 4G e Android 14, personalizado coa capa propia de realme.
Dispoñibilidade e prezo do realme C61
O realme C61 está dispoñíbel a prezo anticipado de 149 € na variante de 6 + 256 GB até o 31 de agosto. Logo dese día, o seu prezo oficial será de 169 €.