TCL prepárase para un IFA no que fará varios anuncios

Quedan poucos días para que comece o IFA de Berlín, unha das principais citas do calendario anual da electrónica de consumo. Os fabricantes están a ultimar estes días os preparativos para a mostra, e tamén os anuncios que teñen previsto facer na feira. Entre estas marcas está TCL. A segunda marca de televisores a nivel mundial ten previsto anunciar varios televisores, mais tamén novos modelos de smartphone da súa liña NXTPAPER.

Televisores QD-Mini LED e NXTFRAME

Un dos pratos fortes de TCL para esta edición do IFA é a presentación da súa nova xeración de televisores QD-Mini LED. Estes dispositivos ofrecen unha calidade de imaxe excepcional en grandes formatos, elevando as experiencias audiovisuais a outro nivel. Cores máis vibrantes, un contraste superior e gran nitidez son as claves desta tecnoloxía QD-Mini LED.

Máis aló da calidade de imaxe, a nova xeración de televisores TCL NXTFRAME tamén eleva o nivel no son, cunha solución desenvolvida xunto cunha das marcas de audio máis prestixiosas do campo.

Nova xeración de smartphone NXTPAPER

No segmento dos smartphones, TCL continúa coa súa aposta polos modelos da serie NXTPAPER. Trátase de dispositivos que ofrecen pantallas optimizadas para a vista, minimizando a fatiga ocular sen comprometer a calidade visual.

Outras novidades do TCL no IFA de Berlín 2024

Ademais de televisores e smartphones, TCL amosará no IFA de Berlín novidades nunha ampla gama de produtos. Desde aire acondicionado con tecnoloxía FreshIN até frigoríficos da serie Fee Built-in, pasando por lavadoras, dispositivos de realidade aumentada (AR), pantallas comerciais e outras solucións de xestión enerxética para o fogar.

No IFA 2024, TCL tamén presentará os seus avances en materia de sustentabilidade baixo o leva ONE TCL ESG. Aló poderase coñecer de primeira man os esforzos de TCL para fomentar unha fabricación e unha cadea de subministración máis sostíbel.

Sobre o autor

Reply