DIGI impulsa o seu crecemento: máis de 285.200 portabilidades no verán, un 7% máis ca no 2023

DIGI continúa inmparábel. A operadora de telecomunicacións do Grupo DIGI Communications no Estado español, rexistrou un verán excepcional, con máis de 285.200 portabilidades nos meses de xuño, xullo e agosto, marcando un incremento superior ao 7% respecto ao mesmo período de 2023.

Só no mes de agosto, DIGI sumou máis de 87.600 portabilidades, das cales máis de 54.700 foron en telefonía móbil. Estas cifras son un reflexo do sólido crecemento do operador, que acumula máis de 881.700 portabilidades de telefonía fixa e móbil nos primeiros oito meses do ano, un 16% máis ca no mesmo período de 2023.

Con máis de 7,5 millóns de clientes totais, das que 5,29 millóns utilizan o servizo de telefonía móbil, 1,67 millóns o servizo de fibra, e máis de 544.000 a telefonía fixa, DIGI continúa a consolidación como un dos principais operadores no mercado español.

Proposta de valor de DIGI

A receita do éxito de DIGI baséase nunha oferta de produtos sinxelos e servizos a prezos competitivos. Nos últimos tempos, deu tamén un empurrón tecnolóxico no seu servizo de móbil, incorporando tecnoloxías avanzadas como 5G, VoLTE e VoWiFi, altamente demandadas pola súa clientela.

No eido da fibra, DIGI ofrece servizos a prezos competitivos e conta cunha rede propia de alta tecnoloxía que ademais de ofrecer servizos de até 10 Gbps, permítelle ser altamente competitiva, con prezos mínimos.

Sobre o autor

Reply