Galiza paga de media 53,10 € polos servizos de fibra e móbil

En Galiza pagamos unha media de 53,10 € ao mes polos servizos converxentes de fibra é móbil. É o que se deduce dun estudo publicado pola operadora Finetwork, que apunta a unha diferenza de até 15 € entre as comunidades que máis e menos pagan.

As persoas que viven en Baleares declaran un gasto medio de 60,70 € ao mes, seguidos polas madrileñas (58,86 €/mes) e as extremeñas (57,80 €/mes). No lado oposto, as habitantes de Murcia declaran unha media de gasto de 45,67 €/mes, e no medio, próximo á media de 54 €/mes, sitúase o noso país.

Máis aló do prezo, o informe tamén avalía o grao de satisfacción respecto á tarifa contratada, sendo as habitantes de Cantabria as que maioritariamente (84,21%) consideran que pagan un prezo axeitado polo servizo que recibe.

Ao abeiro deste estudo, elaborado por IO Investigación, realizáronse 2.000 entrevistas a usuarias de diferentes operadores para chegar a este resultado.

Tarifas converxentes por 20 € ou menos

Finetwork é unha das operadoras que nas últimas semanas veñen anunciando ofertas converxentes por uns 20 € ao mes. O plan máis económico da compañía permite contratar fibra de 600 Mbps e unha liña móbil con chamadas ilimitadase 10 GB de datos por 18,90 €/mes.

Digi ofrece nas zonas de cobertura propia (Smart) fibra de 500 Mbps e móbil con 15 GB por 20 €/mes, ou con 30 GB por un euro máis. E Lowi, a segunda marca de Vodafone, oferta 300 Mbps e móbil con 25 GB por 20 €/mes, tamén onde ten cobertura de seu.

Sobre o autor

Reply