AMC Break e Calle 13, as canles convidadas de Vodafone TV durante setembro

Como cada mes, Vodafone vén de renovar as súas canles convidadas. E este mes de setembro as elixidas son AMC Break e Calle 13. Ambas as dúas xa están dispoñíbeis para todas as usuarias de Vodafone TV nos diais 22 e 23.

Contidos de AMC Break e Calle 13

AMC Break é unha canle adicada a ofrecer series películas e realities alternativos. Destaca por presentar producións de xéneros variados, que van desde o drama até a comedia. Entre os títulos máis destacados atopamos os realities “Empeños a lo bestia“, “¿Quién dá más?” ou “El liquidador”.

Pola súa banda, Calle 13 é unha canle adicada á acción, o suspense e outros xéneros como o crime, thriller ou o misterio. Entre os contidos máis destacados están “FBI: Most Wanted”, “Ley y orden” ou “Chicago P.D.”

Como desfrutar da promoción de Vodafone TV

Como canles promocionais, AMC Break pode verse no dial 22, e Calle 13 no 23, e pode velos calquera usuaria de Vodafone TV, sen ter que activar nada.

Habitualmente AMC Break e Calle 13 atópanse nos diais 107 e 34, respectivamente. O primeiro oférase no paquete Documentais (8 €/mes), e o segundo en Seriefans (5 €/mes) e Serielovers (14 €/mes).

Sobre o autor

Reply