O Huawei Mate XT, triplemente encartábel, déixase ver nun vídeo a cinco días do seu anuncio oficial

Como xa adiantamos hai uns días, o 10 de setembro Huawei anunciará o seu teléfono triplemente encartábel. Inaugurará así unha nova era, cun deseño novidoso que se sumarán aos dous máis extendidos neste tipo de dispositivos que encartan as súa pantalla: os tipo cuncha e os tipo libro.

Adiantándose a esa data, o fabricante chinés deixou ver un vídeo a modo de teaser, no que podemos ver este modelo tanto cando está totalmente pregado como cando se desenvolve para ofrecer unha pantalla que as filtracións apuntan a 10 polgadas. Isto é o tamaño estándar unha tablet convencional.

O Huawei Mate XT Ultimate Desing ofreceranos algo diferente nun segmento de produtos cada vez máis caníbel, e no que cada vez resulta máis complicado competir. Queda por ver se o anuncio é unha simple demostración da capacidade tecnolóxica do fabricante ou se, pola contra, xa é un produto que vai estar pensado para a distribución comercial máis ou menos masiva.

En canto ao resto de características, aínda non hai moita información confirmada. O vídeo axuda a despexar algunhas dúbidas, como a cámara traseira, formada pola integración de catro sensores, dos cales un será un teleobxectivo con zoom periscópico. Agardamos saír de dúbidas o próximo martes.

Sobre o autor

Reply