A operadora DIGI anunciou esta mañá que vén de completar a primeira entrega dunha parte da súa rede de fibra (FTTH) ao Consorcio formado por Macquarie Capital, abrdn e Arjun Infraestrcture Partners. Esta operación forma parte do acordo pechado o pasado mes de abril entre DIGI e dito Consorcio, e que contempla a venda de 6 millóns de accesos de rede situados en 12 provincias (Madrid, Segovia, Ávila, Murcia e as que compoñen Castela-A Mancha e Comunitat Valenciana).
Esta primeira entrega abarca un total de 4.412.500 fogares. O montante restante, 1.587.500 accesos, iranse cedendo de forma progresiva durante os próximos tres anos até completar os seis millóns de accesos de fibra FTTH.
Esta externalización da súa rede permitiralle a DIGI reforzar a súa capacidade financeira para realizar investimentos a longo prazo no noso país. Porén, malia esta externalización, DIGI continuará a empregala e encargándose da súa xestión, sendo o operador responsábel do seu mantemento e evolución de forma global nos próximos 25 anos.