A feira IFA de Berlín foi o escenario escollido por HONOR para presentar unha nova xeración de dispositivos que están destinados a revolucionar o mundo da tecnoloxía. Este ano, a compañía puxo o foco na integración da intelixencia artificial (IA) nos seus produtos, destacando especialmente o smartphone encartábel máis fino do mundo, o HONOR Magic V3, xunto co portátil HONOR MagicBook Art 14 e a tablet HONOR MagicPad 2.
Novo HONOR Magic V3, a nova fronteira dos smartphones encartábeis
O HONOR Magic V3 é un claro exemplo de como a IA e a innovación en hardware poden cambiar o xogo. Cun grosor de só 9,2 mm cando está pechado, e un peso de 226 gramos, este teléfono combina portabilidade e durabilidade. Conségueo grazas ao uso de materiais que aumentan a súa resistencia até 40 veces en comparación cos smartphones convencionais. O seu deseño inclúe un módulo de cámara traseira octogonal, destacando pola súa estética premium.
Entre as súas principais características destacan a pantalla externa de 6,43 polgadas e interna (encartábel) de 7,98 polgadas. No seu interior leva unha batería de 5.150 mAh con tecnoloxía de carga rápida HONOR SuperCharge, de 66W por cable e 50W sen fíos.
O seu sistema de cámara Falcon inclúe unha cámara telefoto de 50 MP, unha cámara principal de 50 MP e unha ultra gran angular de 40 MP, que xunto coas capacidades de IA como HONOR AI Motion Sensing e AI Portrait Engine, asegura fotos e vídeos de calidade case profesional.
Por último cabe destacar a resistencia da súa bisagra HONOR Super Steel Hinge, que soporta ata 500.000 ciclos de plegado, avalado polo Certificado de Durabilidade SGS.
Novo Honor MagicBook Art 14, portátil impulsado por IA
O HONOR MagicBook Art 14 pertece a ese grupo de portátiles ultralixeiros, con tan só 1 kg de peso, e 10 mm de grosor. Malia iso, non sacrifica o rendemento, xa que está equipado cun procesador Intel Core Ultra 7 155H, con seis núcleos de rendemento, oito núcleos eficientes e dúas unidades de baixa enerxía.
Conta cunha pantalla táctil HONOR FullView de 14,6 polgadas con resolución 3,1K e unha relación pantalla-corpo do 97%, proporcionando unha experiencia visual inmersiva e nítida. Está equipada con tecnoloxía de protección ocular, con regulación PWM de alta frecuencia de 4320 Hz, ideal para longas sesións de traballo.
En canto ás funcionalidades de produtividade IA avanzadas destacan OS Turbo 3.0, que axusta automaticamente o rendemento para unha eficiencia enerxética óptima. E no son, temos un sistema de son envolvente con Tecnoloxía de Audio Espacial de HONOR, mellorando tanto a calidade de audio como a captura de voz en condicións de ruído.
Este portátil tamén conta cunha batería de 60 Wh, que, xunto coa eficiencia IA, proporciona unha autonomía prolongada, ideal para profesionais que buscan alto rendemento e mobilidade.
Nova tablet HONOR MagicPad 2
A nova HONOR MagicPad 2 é unha tablet que combina deseño ultrafino cun rendemento que fai que sexa un produto moi interesante tanto para o traballo como para o ocio. Cun grosor de 5,8 mm e un peso de só 555 g, este dispositivo resulta extremadamente portátil.
As principais características inclúen unha pantalla de 12,3 polgadas con taxa de refresco de 144Hz, e certificación IMAX-Enhanced, e son DTS cun campo de son mellorado en máis dun 25% grazas á tecnoloxía HONOR Audio Espacial.
No interior leva un procesador Snapdragon 8s Gen 3, que ofrece gran rendemento en xogos e multitarefas, apoiado por unha batería de 10.050mAh con tecnoloxía de carga rápida de 66W.
A HONOR MagicPad 2 destaca tamén polas súas capacidades de IA para mellorar a produtividade, permitindo funcións como a conversión de voz a texto e recoñecemento de fórmulas matemáticas, o que a fai perfecta tanto para traballo como para estudar ou o entretemento.
Dispoñibilidade e prezo dos novos dispositivos anunciados por HONOR
O teléfono encartábel HONOR Magic V3 xa está dispoñíbel, con 12 GB de RAM e 512 GB de almacenaxe interna, custará 1999 €, podéndose mercar en negro, verde e marrón. Como oferta de lanzamento, até finais de mes pódese adquirir cun desconto de 300 €, cargador SuperCharge de 66W e Magic Pen gratis, así como 6 meses de protección de pantalla. As primeiras 50 compradoras recibirán ademais un Hono Watch 4 de agasallo.
A tablet Honor MagicPad 2 tamén está dispoñíbel, en negroe branco, na configuración de 12 + 512 GB. A oferta de lanzamento inclúe un desconto de 50 €, cargador SuperCharge de 66W, Magic Pen e HONOR Earbuds X6 de regalo. Subscribíndose á newsletter de Honor pódese conseguir 50 € de desconto adicional.
Por último, do portátil MagicBook Art 14 non se anunciou aínda a súa dispoñibilidade no noso país, mais agárdase que poida chegar nos próximos meses.