Durante anos, a toponimia galega viu como se lle negaba o seu lugar en certas plataformas dixitais, como Wikipedia ou Google Maps. Esta última ferramenta, imprescindíbel no día a día para moitas persoas, viña presentando os nomes dos concellos galegos na súa forma castelanizada, desprestixiando a riqueza lingüística do noso país.
Grazas á presión social e a iniciativas como a campaña impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, Google Maps vén de comezar a dar un paso adiante e adaptar os seus algoritmos á realidade lingüística de Galiza. Lugares como Sanxenxo, Xinzo de Limia, Pontedeume, Arteixo ou A Coruña están comezando a aparecer nos mapas coa súa forma galega, tal e como establece a Lei de Normalización Lingüística de 1984.
Malia que esta decisión de Google representa un importante avance na normalización lingüística en Galiza, aínda queda moito por facer. Unha visita a Google Maps amósanos como aínda continúan aparecendo topónimos deturpados, como Villagarcía de Arosa, Cabañas ou San Ciprián.
A importancia de respetar a toponimia
A toponimia non é unha mera cuestión de nomenclatura. Representa un patrimonio inmaterial de gran valor, ligado á historia, á identidade e ás tradicións dun pobo. Os topónimos, máis aló de ser simples etiquetas xeográficas, agochan unha gran carga simbólica que conecta ás persoas coa súa contorna.
Por iso, respetar a toponimia é unha forma de recoñecer e valorar a diversidade lingüística. Cada lingua ten a súa propia de nomear os lugares e esta diversidade é un reflexo da riqueza cultural dun país. E nós, como sociedade, temos a obriga de seguir esixindo avances no recoñecemento dos nosos topónimos oficiais.