O sector das telecomunicacións está comezando a adoptar o modelo de subscrición anual como alternativa aos tradicionais pagos mensuais. Estes plans permiten ás usuarias gozar de tarifas máis económicas, xa que ao contratar o servizo por un ano conséguese unha opción máis atractiva, equivalente a aforros mensuais.
Esta estratexia de aforro é semellante á que atopamos noutras industrias, como as plataformas de almacenaxe na nube ou ferramentas software. Moitos destes servizos tamén ofrecen descontos significativos ás usuarias que optan por plans anuais, no canto de pagar mensualmente. Así, ao comprometerse a longo prazo, as consumidoras poden aforrar até o equivalente a un ou dous meses de subscrición, o que supón unha vantaxe considerábel.
Aló: Chamadas e datos ilimitados por 8,33 €/mes
Un dos operadores que ofrece este tipo de plans Aló. A compañía ofrece unha única tarifa que inclúe chamadas e datos ilimitados por 99,90 €/ano, o que equivalería a 8,33 €/mes. Ademáis non ten permanencia, e se se decide dar de baixa o servizo de forma anticipada, devólvese a parte proporcional non empregada.
A cobertura que emprerega esta compañía é a de Orange, con conectividade 4G+. Na súa páxina de soporte indican que contarán con 5G no 2025, aínda que sen especificar unha data aproximada. Así mesmo, dan opciónn de contratar eSIM ás usuarias que queiran optar por este servizo teñan un terminal compatíbel. Iso si, non serve para reloxos intelixentes.
Keio: plans anuais tamén para a fibra
Unha filosofía semellante é a de Keio, se ben este operador vai un paso máis aló e tamén aposta por plans semestrais e opcións de fibra e produtos converxentes.
Tarifas móbiles de Keio
- Chamadas ilimitadas + 30 GB: 37 €/ano (ou 22 €/semestre)
- Chamadas ilimitadas + 75 GB: 67 €/ano (ou 37 €/semestre)
- Chamadas ilimitadas + 120 GB: 59 €/ano (ou 35 €/semestre) [prezo en promoción, mellor ca con 75 GB]
Plans de fibra de Keio
- Fibra 500 Mbps: 99 €/ano [prezo promocional, habitualmente 149 €/ano]
- Fibra 1 Gbps: 299 €/ano
Ofertas converxentes de Keio
- Fibra 500 Mbps + móbil (80 GB + ilimitadas): 148 €/ano.
- Fibra 500 Mbps + móbil (120 GB + ilimitadas): 158 €/ano.
Como curiosidade, este operador permite escoller a cobertura de Vodafone, Orange ou Movistar, e mesmo cambiar se non estamos contentos coa rede que escollemos, se ben nese caso é preciso mudar de SIM e pagar o prezo do novo envío.
Unha moda pasaxeira ou unha nova filosofía?
Optar por plans anuais pode ser unha excelente opción para quen busca aforrar en telefonía móbil sen sacrificar servizo. Operadores como Aló e Keio deron os primeiros pasos, ofrecendo tarifas competitivas e unha boa cobertura.
Ao contratar un destes plans, non só se garante un prezo máis baixo, senón tamén a tranquilidade de non ter que preocuparse de renovar ou cambiar de tarifa cada mes, o que converte estas opcións en alternativas cada vez máis populares entre as consumidoras.
Agora ben, será este o comezo dunha nova filosofía de consumo dixital ou, pola contra, unha moda pasaxeira que quedará en anécdota?