Red.es, en coordinación coa Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, executa a iniciativa Bono Conectividade. Coñecido tamén como Programa Único Demanda Bono PEME, trátase dunha iniciativa destinada á conectividade dixital de empresas de entre 0 e menos de 50 traballadoras: PEMES, microempresas e persoas autónomas.
O programa súmase a outras iniciativas xestionadas por Red.es, como o Kit Dixital ou o recente Kit Consulting. Estes outros programas subvencionan solucións dixitais mara mellorar o nivel de madurez dixital ou servizos de asesoramento, respectivamente.
Até 3.000 euros de subvención
O Bono Conectividade ofrece as empresas unha subvención de até 3.000 euros, que se estrutura en dúas liñas. Unha destinada ao acceso a Internet mediante conexións de banda larga de máis de 100 Mbps, e outra para servizos de conectividade asociados. Entre estes están a IP fixa, WiFi profesional, telefonía móbil corporativa, almacenaxe e backup na nube básico, almacenaxe e backup na nube avanzado e centraliña virtual.
No seguinte cadro pódense consultar os importes máximos, a descrición e as condicións. En todos os casos, o período de prestación é de 12 meses, e a axuda total máxima poderá ascender até os 3.000 €.
Solución | Importe | Descrición | Condicións |
Acceso á rede | Até 400 € (50% de axuda) | Destinada a proporcionar banda larga de máis de 100 Mbps por calquera tecnoloxía | Non dispoñer de banda larga de a lo menos 100 Mbps desde hai un mínimo de 3 meses |
IP Fixa | Até 180 € por IP (máximo 3 IP por empresas) | IP fixa para poder asociar a servizos e equipos | |
Telefonía móbil corporativa | Até 300 € por usuaria | Provisión de liñas de de voz e datos ilimitados | Liñas de nova numeración. |
WiFi Profesional | Até 150 € por sede (200 € cun punto de acceso) | Creación dunha rede interna de calidade con solución mesh | |
Centraliña virtual | Até 100 € por usuaria | Posta en marcha dunha centraliña telefónica dixital con xestión de chamadas, extensións internas, … | |
Almacenaxe e backup na nube básico | Até 500 € | Almacenaxe na nube entre 1 e 5 TB con transferencia ilimitada e servidores na UE | |
Almacenaxe e backup na nube avanzado | Até 2000 € | Almacenaxe na nube de máis de 5 TB |
Como solicitar o Bono Conectividade
Se se cumpren as condicións establecidas nas bases da convocatoria, que poden consultarse na web Acelera PEME, pódese iniciar a solicitude da axuda, escollendo o servizo (ou servizos) que se adapten ás nosas necesidades.
Serán os Prestadores de Servizos e Solucións de Conectividade as empresas encargadas de executar e poñer en marcha o servizo e/ou solución elixida, así como de guiar ás persoas autónomas ou empresas interesadas para continuar co proceso de dixitalización e posterior xustificación da actividade realizada.
Previo á solicitude, as posíbeis beneficiarias deberán realizar 3 accións:
- Consultar o catálogo de servizos para seleccionar os que se adapten ás súas necesidades.
- Firmar un contrato previo co Prestador (ou prestadores) de servizos cos que queira traballar.
- Cumplimentar o formulario na web da sede electrónica.
Posteriormente, no momento da solicitude, a beneficiaria deberá seleccionar os servizos contratados identificando ao Prestador (ou prestadores) da solución.
O servizo prestarase durante 12 meses, e deberá concluírse dentro dos 15 meses seguintes á resolución. O Prestador de servizos deberá realizar e xustificar o traballo nos 3 meses seguintes á finalización, e a emisión da factura e abono será posterior á presentación da solicitude e anterior á do fin da xustificación.
É importante sinalar que as solicitudes poden presentarse até o 30 de decembro, e se conceden por ode de solicitude, quedando limitadas aos 48 millóns de euros da convocatoria.
Consultas sobre o Bono Conectividade
Co obxectivo de aclarar as posíbeis dúbidas arredor deste Bono Conectividade, vén de habilitarse unha liña de soporte que atende as consultas tanto de persoas beneficiarias como prestadores de servizos, en horario de 09.00 a 18.00h de luns a venres.
Pódese acceder a este servizo de soporte no teléfono gratuíto 900 903 445 ou no correo infobonopyme@acelerapyme.gob.es.