O Clúster TIC Galicia organiza Tech Angels Capital, un evento clave para conectar startups tecnolóxicas con investidores interesados en impulsar o seu crecemento. Este exclusivo encontro terá lugar os días 28 e 29 de outubro en Vigo, coa colaboración da AMTEGA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Igape e Node Hub.
As startups galegas que desexen participar teñen até o 30 de setembro para enviar a súa solicitude a través da web do Clúster TIC Galicia. Durante as dúas xornadas, as empresas emerxentes terán a oportunidade de interactuar con business angels, fondos de capital risco e investidores privados nun formato colaborativo que incluirá sesións de pitching, encontros 1 a 1 e momentos de networking.
Este evento non só busca facilitar a captación de financiamento, senón tamén fomentar a cooperación no ecosistema emprendedor galego e crear sinerxías estratéxicas entre os principais actores da innovación tecnolóxica en Galiza. A xornada permitirá que os proxectos seleccionados presenten as súas solucións tecnolóxicas innovadoras ante potenciais investidores, ofrecendo asesoramento especializado.
Para máis información e inscricións, as startups poden acceder á web do Clúster TIC Galicia ou contactar a través do 881 939 651.