A poboación de Galiza multiplica o seu consumo de datos móbiles grazas ao 5G e os contidos audiovisuais

Nos últimos catro anos, o consumo de datos móbiles en Galiza experimentou un crecemento sen precedentes. Segundo o último informe de R, de xaneiro de 2023 a xullo de 2024, a media mensual de consumo de datos por liña pasou de 9,6 a máis de 14 gigas. Este aumento está vinculado principalmente á mellora da calidade das redes móbiles, a expansión do 5G e o incremento no uso de contidos audiovisuais en redes sociais e plataformas de streaming.

Ademais, o 5G chegou xa ao 90 % do territorio galego, permitindo que cada vez máis persoas accedan a internet de alta velocidade en mobilidade, un cambio que transformou radicalmente o xeito no que se consome información e entretemento. Máis non só iso, a expansión desta tecnoloxía tamén está a facilitar a conectividade en zonas onde a fibra óptica non chega.

Por outra banda, o 5G tamén está a facer cambios no consumo. Desde a súa chegada, máis da metade das persoas usuarias de R xa dispoñen de tarifas de datos ilimitadas, fronte ao 11 % que representaban en 2020, e espérase que este número siga medrando nos próximos meses. Igual que o número de chamadas realizadas, que se incrementou nun 28 % desde o comezo de 2023.

Estes datos reflicten o progresivo avance de Galiza no uso das novas tecnoloxías móbiles, consolidando a comunidade como un referente no uso avanzado da internet en mobilidade.

Sobre o autor

One Response

  1. rj 22 Setembro, 2024 Responder

Reply