O Nothing Phone (2a) Plus chega ao noso país para competir na gama media

Escoller un novo móbil é cada vez unha tarefa máis complexa. Ademais de funcionalidades, o deseño é unha cuestión á que cada vez prestan máis atencion ás consumidoras. Por iso é de agradecer a aparición de propostas arriscadas (ou diferentes), como a do Nothing Phone (2a) Plus.

O novo smartphone de Nothing chega ao noso país convertido nunha das opcións máis exclusivas da gama media. Un equipo que aposta por mellorar o que viña ofrecendo o seu predecesor: agora temos un deseño máis sofisticado, un procesador máis potente e, por suposto, unha cámara mellorada.

A súa pantalla é un panel AMOLED de 6,7 polgadas con resolución FHD+, que ofrece unha taxa de refresco adaptativa de 120 Hz. No interior está equipado cun procesador MediaTek Dimensity 7350 Pro 5G, fabricado en catro nanómetros. Incorpora 12 GB de RAM (con opción de veritualizar 8 GB adicionais) e 256 GB de memoria interna.

A súa batería é de 5.000 mAh, con capacidade de carga rápida de 50W. E en canto ás cámaras, inclúe un sistema de 3 sensores de 50 MP, destacando as melloras en estabilización da imaxe e unha maior sensibilidade á luz, para conseguir mellores resultados, mesmo cando hai pouca luz.

Por último, destaca a súa conectividade 5G, e Nothing OS 2.6 con Android 14 como sistema operativo. Nothing garante 3 anos de actualizacións do sistema operativo e 4 anos de actualizacións mediante parches de seguridade.

Dispoñibilidade e prezo do Nothing Phone (2a) Plus

O Nothing Phone (2a) Plus xa está dispoñíbel para por 429 €. Pódese adquirir na propia web do fabricante e nalgúns establecementos seleccionados, en gris ou negro.

Máis información | Nothing

Sobre o autor

Reply