Avatel lanza novas tarifas: máis velocidade, máis datos e prezos mellorados

Avatel é unha das compañías que máis apostou pola fibra rural. Isto levou á operadora a ampliar a súa presenza no rural de Galiza e outras comunidades do conxunto do Estado, grazas a diferentes iniciativas e inversións. Nos últimos tempos, o considerado “quinto operador” -tras MASORANGE, Telefónica, Vodafone e Digi- conseguiu adxudicarse 8 millóns de euros do Plan Único para levar fibra óptica a 8.303 vivendas da provincia de Lugo e 5.393 na de Ourense.

Ademais, a estratexia de crecemento de Avatel en Galiza baséase na adquisición de pequenos operadores locais. Só no 2023, a compañía comprou 25 operadores, sumando un total de 155 adquisicións nos últimos 3 anos no conxunto do Estado. Esta estratexia permitiulle ampliar a súa pegada de fibra e chegar a zonas onde outros operadores non teñen cobertura.

A aposta polo rural e o seu rápido crecemento fixeron que Avatel sexa un operador atractivo para grandes investidores. A principios deste ano, Zegona, actual dono de Vodafone, iniciou conversacións para a compra do operador. Pero non foi a única compañía interesada: Telefónica e HIG tamén amosaron interese, se ben até o de agora non se confirmaron máis movementos. A valoración de Avatel podería acadar os 700 millóns de euros.

Novas tarifas de Avatel para a “volta ao cole”

Avatel vén de anunciar unha renovación das súas tarifas, lanzando a súa oferta máis competitiva ata o de agora, con máis velocidade, máis datos e prezos mellorados. Desde o 10 de setembro, coa súa campaña “Volta ao cole”, Avatel aumentou a velocidade de fibra en todas as tarifas ata os 1000 Mbps, á vez que incrementou os datos das súas tarifas móbiles. Tras os cambios, a oferta da compañía queda deste xeito:

Plans sen móbil:

  • Funk: a proposta máis sinxela, con fibra óptica de 1000 Mbps por 19,99 €/mes durante 12 meses (despois, 24,99 €/mes).
  • Pop: inclúe fibra óptica de 1000 Mbps e CLICtv (con máis de 150 canles nacionais, internacionais e locais) por 29,99 €/mes a prezo definitivo.

Plans converxentes

  • Rock: fibra óptica de 1000 Mbps, liña móbil con 50 GB acumulábeis e CLICtv durante 12 meses por 29,99 €/mes.
  • Rock & Roll: fibra óptica de 1000 Mbps con dúas liñas móbiles e 150 GB compartidos, máis todo o contido de CLICtv por 36,99 €/mes durante 12 meses (despois, 39,99 €/mes).
  • Heavy: fibra óptica de 1000 Mbps, liña fixa con 1.000 minutos gratis a fixos e móbiles, tres liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 300 GB de datos para compartir, ademais de CLICtv por 44,99 €/mes durante 12 meses (despois, 49,99 €/mes).

Vantaxes e promocións

As tarifas Funk, Pop, Rock e Rock&Roll veñen sen teléfono fixo, mais todas elas poden incorporar unha liña con 1.000 minutos de balde por 5 €/mes adicionais, nos que se inclúe o servizo de identificación de chamadas.

Ademais todos os plans inclúen 12 meses de Amazon Prime de balde, e a posibilidade de contratar DAZN para achegar os contidos deportivos á súa clientela.

Sobre o autor

No Responses

Reply