Android Automotive, a piques de actualizarse a Android 15

Android Automotive é o sistema operativo nativo de Google deseñado especificamente para vehículos. A diferenza de Android Auto, que se limita a proxectar a pantalla dun smartphone no coche, Android Automotive está integrado directamente no vehículo, ofrecendo aos fabricantes a posibilidade de personalizar e adaptar o software ás súas propias necesidades. Isto permite, igual ca acontece coas capas de personalización dos smartphones, ofrecer unha experiencia más completa ,xa que o sistema pode controlar diferentes funcións do coche, como a climatización, o sistema de navegación ou o control da música. Todo desde a mesma interface.

Agora Android Automotive está a piques de actualizarse coa nova versión de Android 15, incorporando unha serie de melloras exclusivas para o mundo automobilístico. Se ben aínda nonse anunciou unha data concreta para a dispoñibilidade desta actualización, xa se coñecen algunhas das novidades que se esperan:

  • Transmisión de audio a auriculares Bluetooth. Esta nova función permitirá escoitar música ou ver películas nos auriculares durante esperas, como ao cargar o coche eléctrico, sen interferir coa persoa que estea ao volante. Porén, esta funcionalidade desactiva a transmisión de audio desde o smartphone ao coche, xa que só se pode ter un medio activo.
  • Vista de ambiente. Esta función permitirá aos fabricantes crear “experiencias diferenciadas” cando o coche estea acendido, pero as pantallas non se usen durante un tempo. Basicamente, funciona como aqueles protectores de pantalla que tiñamos en Windows, podendo ofrecer contidos como vídeos personalizados ou efectos visuais.
  • Dock de aplicacións. Para mellorar a experiencia do usuario, Android Automotive incluirá un dock de aplicacións similar ao de calquera outro sistema operativo. Desta forma, poderanse fixar as aplicacións favoritas para acceder a elas de xeito rápido, e ver de inmediato cales están abertas en cada momento.
  • Outras novidades: Android Automotive tamén melloras adicionais que farán a plataforma máis robusta. Entre elas, destaca a compatibilidade con todos os estándares de radio HD e DAB, ou a “persistencia de puntos de acceso Wi-Fi”, que permitirá manter puntos de acceso entre as diferentes sesións de condución. Isto será moi útil para os que empregan habitualmente os puntos de conexión integrados nos coches, mellorando a experiencia de conectividade.

A chegada de Android 15 a Android Automotive suporá un gran paso adiante na evolución dos coches como dispositivos conectados. Un campo no que Google segue a traballar para ofrecer unha plataforma robusta, segura e completa.

Sobre o autor

Reply