Lowi continúa a facer cambios nas súas tarifas. Tras o lanzamento de Fibra Fit, con prezos axustados para zonas de cobertura propia, e mellorar toda a súa oferta, a compañía anuncia agora plans converxentes con Netflix.
Trátase catro novas tarifas que inciden nunha estratexia que están a seguir moitas compañías, engadindo servizos de televisión á carta na factura. No caso de Lowi, estes plans divídense en dúas modalidades: Fit, para accesos con cobertura propia, e Non-Fit, para o resto de usuarias, quedando como segue:
- Fibra Fit 300 Mbps + móbil con ilimitadas e 30 GB + Netflix por 25 €.
- Fibra Fit 600 Mbps + móbil con ilimitadas e 50 GB + Netflix por 31 €.
- Fibra 300 Mbps + móbil con ilimitadas e 30 GB + Netflix por 35 €.
- Fibra 600 Mbps + móbil con ilimitadas e 50 GB + Netflix por 41 €.
Estas novas tarifas de Lowi están dispoñíbeis tanto para a nova clientela como para a actual que quera actualizar o seu plan.
Máis info | Lowi