A marca de smartphones realme vén de anunciar unha nova actualización que introduce seis funcións de IA no seu modelo máis recente, a serie GT 6. Esta colaboración con Google inclúe a función “Magic Compose” para as Mensaxes, entre outras novidades que melloran a experiencia das usuarias.
Novas funcións de IA na serie realme GT 6
A nova actualización OTA trae consigo unha serie funcións para seguir a facer da serie GT 6 uns dispositivos destacados dentro desa gama media con aspiracións de gama alta. Entre estas características destacan:
- Magic Compose de Google: Emprega a IA para axudar ás usuarias a crear mensaxes máis atractivas e personalizadas. Ofrece suxestións de estilo, adaptando o ton segundo sexa necesario: formal, informal, divertido ou reflexivo.
- AI Ultra Clarity: Mellora a resolución das fotografías, conseguindo imaxes máis nítidas e detalladas.
- AI Eraser 2.0: Permite eliminar elementos non desexados das fotografías de forma rápida e sinxela.
- AI Smart Summary: Resume calquera gravación, aforrando tempo ás usuarias.
- AI Smart Loop: Predí a intención das usuarias na pantalla, facilitando a navegación e mellorando a experiencia de uso.
- Modo de visión nocturna con IA: O primeiro do sector, mellorando a calidade das fotos nocturnas.
Con estas funcionalidades, o realme GT 6 sitúase á vangarda da tecnoloxía móbil, incrementando a súa aposta polo uso da intelixencia artificial para facilitar o día a día das usuarias.
Promoción especial: aforro de ata 190 euros en Amazon
Para celebrar a actualización da serie GT 6, realme tamén vén de anunciar unha promoción especial. Até o 30 de setembro, o primeiro smartphone con IA da marca, o realme GT 6, xunto con outros modelos, estarán dispoñibles en Amazon cun desconto de ata 190 euros.
Trátase pois dunha gran oportunidade para facerse cun dispositivo de gama media premium a un prezo moito máis accesíbel, aproveitando todas as novas funcións que a IA de Google ofrece nos smartphones realme.