A guerra está servida. A revolución do sector telco neste 2024 está a beneficiar os peto das usuarias, xa que cada vez son máis as compañías que se apuntan a ofrecer fibra na casa por 20 €. Na meirande parte dos casos, estas ofertas son de carácter temporal por un ano, mais hai plans que teñen prezos definitivos.
Yoigo e MásMóvil -dúas das marcas do Grupo MásMóvil- veñen de actualizar as súas respectivas ofertas de fibra a 20 €, cunha mellora substancial: o aumento da velocidade. As dúas suben a aposta agora até os 500 Mbps, se ben fano con sutís diferenzas.
- Yoigo: 19,90 €/mes. A proposta de Yoigo inclúe fibra de 500 Mbps e fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles. Tras unha permanencia de 12 meses, o prezo definitivo pasa a ser de 32 €/mes.
- MásMóvil: 19,99 €/mes. Por 9 céntimos máis, a oferta de MásMóvil inclúe chamadas ilimitadas tamén a móbiles. Igualmente, a permanencia é dun ano, tras o cal o prezo queda en 31,99 €/mes.
Yoigo e MásMóvil súmanse así a outras compañías como Avatel, Finetwork, Lowi, … entre outras moitas marcas. A continuación resumimos as principais ofertas destas características.
Ofertas definitivas de fibra por 20 €/mes
Primeiramente centrámonos nas ofertas definitivas de fibra por 20 €/mes. Corresponden principalmente a compañías de baixo custe, se ben marcas como Vodafone tamén se suman ao carro.
Compañía | Prezo | Velocidade | Fixo | Permanencia | Observacións |
Finetwork | 17,90 €/mes | 300 Mbps | Non | 12 meses | |
Finetwork | 22,90 €/mes | 600 Mbps | Non | 12 meses | |
Vodafone | 20 €/mes | 300 Mbps | Si, ilimitadas a fixos e móbiles | Sen permanencia | |
Lowi (Fit) | 20 €/mes | 600 Mbps | Non | 3 meses | Zonas de cobertura propia. Inclúe móbil 15 GB |
Jazztel | 19,95 €/mes | 300 Mbps | Si, sen chamadas | 9 meses | |
Digi | 15 €/mes | 500 Mbps | Non | 3 meses | Zonas de cobertura propia |
Digi | 20 €/mes | 1 Gbps | Non | 3 meses | Zonas de cobertura propia |
Digi | 20 €/mes | 500 Mbps | Non | 3 meses | Zonas de cobertura propia, con móbil de 15 GB |
Ofertas temporais de fibra por 20 €/mes
Por outro lado temos as ofertas temporais de fibra por 20 €/mes. Resumímolas a continuación:
Compañía | Prezo | Velocidade | Fixo | Permanencia | Observacións |
Orange | 19,95 €/mes | 300 Mbps | Si, ilimitadas fixo | 12 meses | Tras 12 meses, 30 €/mes |
Movistar | 19,90 €/mes | 300 Mbps | Si, ilimitadas a fixos | Non | Tras 12 meses, 31,90 €/mes |
R | 20 €/mes | 300 Mbps | Si, ilimitadas | 9 meses | Fibra estudantes, despois de 12 meses 34 €/mes |
MásMóvil | 19,99 €/mes | 500 Mbps | Si, ilimitadas | 12 meses | Tras 12 meses, 31,99 €/mes |
Yoigo | 19,90 €/mes | 500 Mbps | Si, ilimitadas a fixos, 60 minutos a móbiles | 12 meses | Tras 12 meses, 32 €/mes |
Avatel | 19,99 €/mes | 1 Gbps | Opcional (5 €/mes) | 12 meses | Tras 12 meses, 24,99 €/mes |
Chegan pra’ quedar
Queda claro que é posíbel atopar tarifas de fibra por 20 €/mes, que se adaptan a diferentes necesidades e orzamentos. Porén, como vimos, é fundamental revisar as condicións de cada oferta para non levar sorpresas coa velocidade, a duración das promocións ou os posíbeis custes asociados. Así poderemos elixir a tarifa que mellor se axuste ao noso fogar sen comprometer un servizo básico.