JBL revoluciona as festas con as novas PartyLights e PartyBox en cor branca

JBL continúa a ampliar o seu portfolio dedicado ao entretemento portátil, presentando as súas últimas innovacións para facer de calquera festa un evento único. O fabricante vén de anunciar as novas luces JBL PartyLights e os altofalantes JBL Partybox en cor branca, agora dispoñíbeis nos modelos Stage 320 e Club 120. Con estes lanzamentos, a marca ofrece opcións que mellorarán tanto o ambiente visual como o sonoro de todas as celebracións.

As JBL PartyLight Beam e JBL PartyLight Stick están deseñadas para complementar a experiencia auditiva das JBL PartyBox, creando un espectáculo de luces que se adapta á nosa música e ao ambiente da festa. Con velocidades e configuracións axustábeis, as luces poden sincronizarse co ritmo da nosa playlist, grazas ao avanzado algoritmo de detección de música de JBL.

A PartyLight Stick está pensada para a portabilidade. Conta cunha autonomía de até 8 horas por carga, polo que resulta apropiada para levar de habitación en habitación e proporcionar un espectáculo de luces LED de 360º, creando unha experiencia inmersiva tanto en interior como exterior. Para elevar a experiencia da festa ao seguinte nivel, pódense emparellar varias JBL PartyBox e conectalas con AuracastTM, asegurando unha experiencia de luces e son única, completamente sincronizada.

Por outra banda, JBL amplía a súa liña de PartyBox ao engadir novos modelos en cor branca. Os JBL PartyBox Stage 320 White e PartyBox Club 120 White ofrecen non só o son coa experiencia JBL Pro Sound, senón tamén un novo estilo que destaca polas súas liñas limpas e elegantes, mantendo os característicos detalles en laranxa de JBL. Estes altofalantes inclúen dinámicos espectáculos de luces que poden ser personalizables para combinar coa atmosfera da nosa festa, incluíndo efectos estroboscópicos e luces estelares.

O PartyBox Stage 320 White vén equipado cunha asa telescópica e rodas para facilitar o transporte, mentres que o PartyBox Club 120 White ofrece portabilidade grazas á súa asa integrada, permitindo -literalmente- levar a festa connosco. Ambos modelos teñen unha gran autonomía, con até 18 horas de reprodución no PartyBox Stage 320 e 12 horas no PartyBox Club 120.

Dispoñibilidade e prezo dos novos produtos de JBL

As novas JBL PartyLight Beam e PartyLight Stick estarán dispoñíbeis a finais deste mesmo mes de setembro por €129,99 e €99,99, respectivamente, mentres que os JBL PartyBox Stage 320 White e PartyBox Club 120 White xa se poden mercar a través da web de JBL por €599,99 e €399,99.

Sobre o autor

Reply