Vodafone quere que as e os seus clientes sexan os mellores embaixadores da marca. E para conseguilo, a operadora vén de relanzar o seu “Plan Amigo”. Trátase dunha iniciativa pola que tanto a actual clientela como as novas altas poidan gañar até 100 € por cada recomendación de servizos de Vodafone. Ademais, como novidade, a operadora recompensará de maneira especial a aquela clientela que realice tres recomendacións exitosas, sumando ao beneficio en metálico unha PlayStation 5 ou unha televisión Samsung QLED Q60D 2024 de 55 polgadas.
Este relanzamento do ‘Plan Amigo’ coloca o boca a boca no centro da estratexia publicitaria de Vodafone. Para participar, só hai que acceder á páxina web do programa, escoller o plan que mellor se adapte ao familiar ou amigo (só móbil, só fibra ou fibra+móbil) e enviar a recomendación a través dun enlace personalizado. A partir de aí, se a persoa destinataria contrata o servizo, a usuaria que o recomendou poderá gañar até 100€, coa posibilidade de repartir a recompensa ou transferila directamente á súa amizade.
A promoción non só ofrece incentivos económicos, senón que tamén presenta un atractivo extra: se tres recomendacións para o plan de fibra+móbil culminan con novas contratacións, a clienta recibirá como premio unha das opcións tecnolóxicas máis populares do mercado, unha PlayStation 5 ou unha TV Samsung QLED.
Programa de fidelización “Happy” de Vodafone
Vodafone tamén reforza a súa estratexia de satisfacción da clientela a través do programa de fidelización ‘Happy’, dispoñíbel na app Mi Vodafone. Este inclúe iniciativas como ‘Miércoyeees!’, un espazo onde cada mércores as usuarias poden participar en sorteos e acceder a ofertas exclusivas, e a ‘Happy Box’, que lles dá acceso a beneficios en marcas recoñecidas como Cepsa, Cinesa ou Air Europa. O programa ‘Happy’ leva realizado máis de 100 sorteos ao ano, atraendo a máis de 1,5 millóns de participantes.
Con este conxunto de iniciativas, Vodafone busca recompensar a lealdade da súa clientela, mellorando a súa satisfacción e posicionándose nun mercado cada vez máis competitivo.