Todo o que debes ter en conta para limpar o teu smartphone ou tablet sen danalo

Manter limpos os smartphones e tablets é fundamental non só para garantir a súa durabilidade, senón tamén para afastar xermes, algo especialmente importante nestes tempos de cambios de temperatura e volta ao cole. Non obstante, é habitual cometer erros na limpeza destes dispositivos, o que pode levar a danos nos compoñentes internos ou a unha redución da súa vida útil.

SPC, fabricante español de produtos de consumo, comparten algúns consellos sobre como evitar erros comúns ao limpar os teus dispositivos.

  • Usar produtos de limpeza inadecuados. Un dos erros máis graves é empregar produtos de limpeza como alcol, lixivia ou limpadores con amoniaco. Estes produtos poden danar as pantallas táctiles, deteriorando as capas protectoras e causando manchas ou reducindo a súa sensibilidade. Para evitar isto, o mellor é usar un pano de microfibra lixeiramente humedecido con auga ou con produtos específicos para pantallas electrónicas.
  • Aplicar o líquido directamente ao dispositivo. Outro erro habitual é pulverizar líquidos directamente sobre o dispositivo. Isto pode provocar que o líquido penetre nas ranuras e portos, danando compoñentes internas, como a batería. A forma correcta de limpalo é humedecer o pano de microfibra e frotar a superficie coidadosamente.
  • Pasar por alto portos e aberturas. O po e a sucidade acumúlanse nos portos de carga, nos altofalantes ou nas entradas de auriculares, afectando o rendemento do dispositivo. Para mantelos limpos, recoméndase usar aire comprimido ou palillos plásticos deseñados para esta tarefa, evitando sempre obxectos afiados ou metálicos que poidan danar os compoñentes internos.
  • Non apagar o dispositivo antes de limpalo. Limpar o dispositivo mentres está aceso ou conectado á corrente pode ser perigoso tanto para a usuaria como para o dispositivo. É recomendábel apagalo e desconectalo antes de limpalo para evitar posibles danos.
  • Esquecer as fundas e protectores de pantalla. A funda e o protector de pantalla tamén acumulan sucidade. As fundas de silicona pódense lavar con auga e xabón, tendo en conta secalas ben antes de usalas de novo. O protector de pantalla debe limparse co mesmo coidado que a pantalla, usando un pano de microfibra e unha solución adecuada.
  • Limpar a cámara con calquera tecido. Moitas veces, ao notar manchas na lente da cámara, frotámola coa roupa ou con calquera tecido dispoñible, o que pode rabuñar a superficie delicada da lente. A mellor forma de limpar a cámara é sempre cun pano de microfibra para evitar danos na lente.

Seguindo estes consellos, non só evitaremos danar o noso smartphone ou tablet ao limpalo, senón que tamén estaremos prolongando a súa vida útil e menteremos un bo rendemento a longo prazo.

Sobre o autor

Reply