Suop anuncia novas tarifas con até 250 GB

Suop é unha operadora que adoita pasar desapercibida, mais que ofrece solucións moi interesantes. A compañía destaca polos seus prezos baixos, tanto en móbil como en plans converxentes. Agora, sumándose ás compañías que aproveitaron a volta ao cole para actualizar os seus plans, a compañía presenta un novo portfolio de tarifas móbiles.

Entre as novidades desta oferta destaca que se eliminan as diferenzas entre as tarifas de prepago e as de contrato. Sexa cal sexa a fórmula elixida, os prezos, os minutos e os datos incluídos serán os mesmos.

En total, Suop queda con seis ofertas que van dos 3 aos 250 GB de datos. Son os seguintes:

  • 3 GB + 250 minutos por 2,99 €/mes.
  • 12 GB + ilimitadas por 5,99 €/mes
  • 25 GB + ilimitadas por 6,99 €/mes.
  • 40 GB + ilimitadas por 8,99 €/mes.
  • 150 GB + ilimitadas por 14,99 €/mes.
  • 250 GB + ilimitadas por 19,99 €/mes.

Cobertura Orange e outras características de Suop

Para dar servizo Suop emprega a cobertura 4G de Orange. Malia que a operadora dona da rede ofrece 5G a varios operadores virtuais, polo de agora este servizo non está dispoñíel en Suop.

A compañía si que ofrece servizo de eSIM para os dispositivos compatíbeis e tamén multiSIM, o que nos permite empregar as características da nosa tarifa noutros dispositivos.

Sobre o autor

Reply