Orange prepara un servizo de conexión 5G de pago por uso para segundas vivendas

Orange comeza o outono con novidades. Ademais da conversión de Orange TV nun servizo OTT, a compañía prepara un novo servizo de Internet para segundas residencias baseado en 5G co modelo de pago por uso. Trátase dunha solución que até o de agora só viña ofrecendo Vodafone, a operadora que máis traballado ten o 5G como alternativa ás redes fixas.

O modelo de Orange inclúe un router 5G -que as usuarias que o desexen poden mercar pagando unha cota de 3 €/mes durante 30 meses- que incorpora unha tarxeta SIM, e que acenderemos unicamente os días que queiramos facer uso del, nos que teremos datos ilimitados. Cóntase como día de uso calquera actividade, por mínima que sexa, entre as 00.00 e as 23.59 horas.

En canto a prezos, Orange cobrará 3 € por cada día de uso, iso si, cun límite máximo de 33 € mensuais. A conta de alta do servizo é de 20 €.

Cobertura 5G de Orange

Orange conta actualmente con cobertura 5G que cubre o 85,4% da poboación. A operadora ten intención de acadar 3.700 novos concellos a finais de ano, de cara a completar a infraestrutura na totalidade dos concellos de máis de 10.000 habitantes.

Sobre o autor

Reply