A Noite Europea das Persoas Investigadoras (European Researchers’ Night) chega este venres a toda Galiza coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixos centrais do evento, que se desenvolve co lema Conciencias Creativas.
As sete principais cidades galegas serán as protagonistas desta Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-NIGHT), coordinada nesta ocasión pola Universidade de Vigo. Co gallo deste evento, a ciencia sairá fóra de insitucións educativas como universidades, centros de investigación e institutos, achegándose ás rúas, museos, praias e memso locais de hostalería.
As actividades arredor desta G-NIGHT inclúen desde obradoiros sobre robótica e matemáticas, como os que se desenvolven en Ferrol, a unha “escape room” científica en Pontevedra, pasando por charlas en varias ubicacións e visitas a centros científicos.
Máis info | Programación G-NIGHT 2024