YouTube sube os prezos para eliminar a publicidade

As usuarias de YouTube Premium comezaron a recibir notificacións que apuntan ao incremento do prezo das súas susbscricións. Uns aumentos que, xunto co noso, tamén chegan a varios países da contorna, como Irlanda, Bélxica ou Italia, encarecendo considerabelmente o custe de acceder ao servizo sen anuncios.

A versión de pago da popular ferramenta de vídeos de Google, YouTube Premium, ofrece diversas vantaxes máis aló da xa de por si interesante eliminación da publicidade. Permite ademais a descarga de vídeos para consumir sen conexión, a reprodución en segundo plano ou acceso ao servizo de música do buscador, YouTube Music, que compite directamente con Spotify.

No noso país, o plan mensual viña manténdose en 11,99 €, mais a partir do próximo mes de novembro incrementará a súa cota. E o mesmo pasará coa oferta familiar. As cantidades destas subas van desde os 2 aos 14 € mensuais, dependendo do país e do plan contratado, unha suba máis ca considerábel.

Malia que desde a plataforma xustifican esta suba de prezos como unha forma de seguir a garantir un bo servizo e melloras continuas, a súa aplicación podería levar a moitas usuarias a reconsiderar se a subscrición paga a pena.

Sobre o autor

Reply