Filtradas algunhas características do OnePlus 13, que chegará con até 24 GB de RAM

O lanzamento oficial do OnePlus 13 está previsto para finais de outubro, aínda que a súa dispoñibilidade no noso país agárdase para comezos de 2025. Porén, como é habitual na industria, aos poucos vanse descubrindo detalles clave sobre o seu deseño e especificacións, entre eles o seu deseño, procesador e RAM.

Segundo apuntan fontes fiábeis, o OnePlus 13 incluirá un procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 4 e diversas opcións de memoria RAM, que chegarán até os 24GB de RAM, facendo desta unha aposta sólida no mercado de gama alta.

Tamén adiantan estas filtracións á presenza dunha cámara telefoto con zoom óptico de 3x e un sensor maior en comparación co OnePlus 12. A configuración de catro cámaras, integrada nun deseño compacto, promete mellorar a calidade de imaxe grazas ao uso de algoritmos e tecnoloxía de Oppo, o que suxire un enfoque máis centrado nas cámaras que no rendemento puro.

Os bocetos filtrados apuntan á presenza dunha illa de cámaras máis grande que alberga os catro lentes e un flash LED. Aínda que no boceto amósase cunha funda protectora, algúns detalles poderían variar no deseño final.

Con estas filtracións que apuntan a melloras nas cámaras e no procesador, o OnePlus 13 promete ser un dos smartphones insignia máis relevantes do mercado Android. Seguiremos atentas para coñecer que novidades traerá consigo cando sexa presentado de forma oficial.

Sobre o autor

Reply