Nova Xiaomi 14T Series, centrada na fotografía e con IA avanzada

Xiaomi acaba de presentar oficialmente a súa nova serie de smartphones Xiaomi 14T. Trátase de dous modelos, o Xiaomi 14T e o Xiaomi 14T Pro, centrados tanto na experiencia fotográfica, onde apostan por un lente Leica de última xeración, como polas funcións de Intelixencia Artificial (IA) avanzada.

Fotografía da man de Leica para boas tomas nocturnas

Segundo apuntou Xiaomi na súa presentación, a serie Xiaomi 14T destaca especialmente polo seu rendemento en fotografía nocturna grazas á colaboración con Leica. Equipados cunha cámara principal de 50 MP e un sistema de fotografía computacional AI LM baseado en FusionLM, os dispositivos capturan imaxes claras e detalladas, mesmo en situacións de baixa luz.

A combinación de UltraHDR e o modo Retrato Maestro garanten fotos con gran profundidade e cores vibrantes. Ademais, o Xiaomi 14T Pro ofrece cinco distancias focais para cubrir diferentes escenarios, con opcións que van desde 15 mm a 120 mm, proporcionando flexibilidade para diversas condicións de disparo.

Rendemento e IA avanzada para a vida cotiá

Ao igual que a nova serie Galaxy Tab S10, Xiaomi tamén apostou polo MediaTek Dimensity 9300+ para imprimir potencia e achegar as funcións de IA a estes novos modelos. No caso do fabricante chinés, as melloras respecto ao modelo anterior son aínda máis destacadas: un rendemento un 37% superior en CPU e un 44% en GPU.

A IA avanzada de Xiaomi chega con novas funcionalidades que melloran a produtividade e a creatividade. Desde o AI Notes e o AI Recorder, que transcriben e resumen automaticamente as reunións, até o AI Film, que facilita a creación de vídeos cinematográficos curtos. Ademais, coa nova función Circle to Search con Google, as usuarias poden buscar información instantaneamente sen cambiar de aplicación.

Ambos dispositivos da serie Xiaomi 14T inclúen pantallas AMOLED CrystalRes de 6,67 polgadas con resolución 1.5K e unha frecuencia de actualización de 144 Hz. Estes dispositivos ofrecen unha experiencia de visualización envolvente tanto para vídeos como para xogos, grazas á profundidade de cor de 12 bits e a cobertura de cor DCI-P3. Ademais, a pantalla AI de nova xeración axusta automaticamente a temperatura e o brillo segundo as condicións de uso, garantindo un confort ocular óptimo.

Por últi,o, o Xiaomi 14T Pro inclúe a tecnoloxía HyperCharge de 120 W, permitindo unha carga completa en só 19 minutos, mentres que o Xiaomi 14T ofrece 67W de carga rápida.

Dispoñibilidade e prezo da nova serie Xiaomi 14T

A nova serie Xiaomi 14T xa está dispoñíbel no noso país, con varias opcións de memoria interna. O Xiaomi 14T pódese adquirir en 256 GB e 512 GB, desde 649€, mentres que o Xiaomi 14T Pro ofrece opcións de até 1 TB a un prezo máximo de 999€.

Ademais, como promoción especial, as compradoras poderán recibir unha Xiaomi TV A de 50″ ou 55″ de balde en función do modelo adquirido até o 31 de outubro.

Sobre o autor

No Responses

Reply