Meta Quest 3S: Zuckerberg presentou os novos lentes de realidade mixta económicos

Meta, a empresa detrás de Facebook e Instagram, vén de anunciar oficialmente os seus novos lentes de realidade mixta, os Meta Quest 3S. O propio Mark Zuckerberg foi o encargado de presentalas durante o evento Meta Connect, destacando que este novo dispositivo é capaz de ofrecer unha experiencia completa por prezo inferior ao habitual.

E é que máis aló das súas características técnicas, os 299 dólares de partida (na versión de 128 GB) foi o gran titular do lanzamento. Un prezo que sube até os 399 dólares se optamos polo almacenamento de 256 GB, pero que en calquera caso sitúase 100 dólares por baixo dos 499 dólares que custan os actuais Meta Quest 3.

Malia as diferenzas de prezo, os novos Meta Quest 3S incorporan o mesmo procesador ca os Quest 3, o Snapdragon XR2 Gen 2 de Qualcomm, e usan os mesmos controis Touch Plus. A súa autonomía cada dúas horas e media de uso

Entre as súas funcións destaca a posibilidade de interacutar con varias aplicacións á vez nunha contorna de escritorio virtual, ofrecendo experiencias como ver vídeos ao tempo que chateamos ou navegamos por Internet.

Zuckerberg tamén introduciu novas características que integran estes lentes de realidade mixta co metaverso de Meta, poñendo como exemplo a posibilidade de ver vídeos de YouTube en compañía das nosas amizades nun espazo virtual de Horizon Worlds, ou crear versións virtuais de cuartos reais. No ámbito dos videoxogos, amosaron as posibilidades destes lentes para xogar a títulos como Batman Arkham Shadow ou Just Dance VR dunha maneira moito máis inmersiva.

Dispoñibilidade dos Meta Quest 3S

Os novos lentes Meata Quest 3S chegarán ao mercado no mes de outubro, inicialmente nos Estados Unidos. Polo de agora a compañía non confirmou nin o prezo nin unha data para o lanzamento oficial en países de Europa.

Sobre o autor

Reply