DIGI afianza a súa posición, sumando preto dun millón de portabilidade até setembro

DIGI, o operador de telecomunicacións de Grupo DIGI Communications en España, continúa a medrar a un ritmo impresionante. Até setembro de 2024, a compañía rexistrou máis de 989.400 portabilidades, o que supón un incremento do 15% respecto ao mesmo período do ano anterior. Este crecemento sitúa a DIGI como un dos operadores máis competitivos no mercado español.

Nos nove primeiros meses de 2024, DIGI acumulou máis de 684.800 portabilidades netas, consolidando a súa posición no sector. Só no mes de setembro, rexistráronse máis de 107.700 portabilidades, das cales 91.900 corresponden a liñas de telefonía móbil.

Con máis de 7,5 millóns de clientes, DIGI ofrece servizos de telefonía móbil a 5,29 millóns de usuarias, mentres que máis de 1,67 millóns empregan os seus servizos de fibra. Ademais, máis de 544.000 clientes confían en DIGI para a súa telefonía fixa.

Investimento en infraestrutura e produtos competitivos

Parte do éxito de DIGI vén dado polo seu investimento en infraestrutura. A compañía leva investidos máis de 1.000 millóns de euros na súa rede de fibra, que xa chega a 9,5 millóns de fogares e que vén de ser escollida como a rede máis rápida.

Por outra banda, a operadora ten unha política de prezos altamente competitivos, que inclúen fibra óptica e telefonía 5G con servizos avanzados, como VoLTE ou VoWiFi.

Sobre o autor

Reply