Festina, a recoñecida marca reloxeira fundada en 1902, presenta a súa nova colección, o Festina Connected D, un reloxo que fusiona a sofisticación clásica coa tecnoloxía máis avanzada. Deseñado para as amantes da moda e da innovación, este reloxo híbrido redefine o concepto de luxo contemporáneo ao combinar elegancia, funcionalidade e conectividade nun só dispositivo.
Elegancia clásica e tecnoloxía de vangarda nun reloxo híbrido
Nun mundo cada vez máis dixital, o Festina Connected D permite que as usuarios reciban notificacións de forma discreta grazas á súa pantalla OLED integrada na parte inferior do reloxo. Esta característica axuda a filtrar distraccións, mellorando a produtividade e o benestar. Ao mesmo tempo, o Festina Connected D mantén a esencia dun reloxo clásico con marcadores analóxicos e un deseño sofisticado.
A tecnoloxía Connected D foi desenvolvida no hub tecnolóxico de Festina en Suecia e garante a máxima privacidade dos datos das usuarias. Ademais, facilita unha interacción fluída e segura co smartphone, permitindo xestionar desde notificacións até datos de saúde. Este reloxo ofrece funcionalidades completas de activity tracker, que inclúen o seguemento de adestramentos, datos de saúde e mesmo a localización do teléfono ou a reprodución de música, o que se convirte nun compañeiro ideal tanto para o traballo como para o tempo de lecer.
O Festina Connected D está deseñado para ser lixeiro e resistente, grazas á súa caixa de titanio de 45 mm e cristal de zafiro, garantindo a súa durabilidade e resistencia aos impactos. Con 8 opcións de cor, este reloxo ofrece unha personalización única para adaptarse ao estilo de vida dos usuarios. A súa correa de silicona asegura un axuste cómodo, mentres que a resistencia á auga de 3 ATM engade funcionalidade adicional para as máis activas. En canto á autonomía, chega até os 10 días,
Dispoñibilidade e prezo do Festina Connected D
O Festina Connected D ten un prezo de 599,00€, configurándose como unha excelente opción para aquelas persoas que buscan un dispositivo que combine estilo, funcionalidade e durabilidade, reafirmando o legado da marca no século XXI.