Google anuncia novos Chromebooks Plus, con funcións de IA que transforman a produtividade

Google vén de anunciar dous novos Chromebooks Plus, deseñados para mellorar a experiencia das usuarias a través de funcións avanzadas de Intelixencia Artificial (IA). Con prezos que parten dos 449€, estes dispositivos inclúen ferramentas como Axúdame a escribir, Tradución Instantánea, e moitas outras que permiten ás usuarias ser máis produtivas.

Acompañados con novo hardware actualizado, os Chromebooks Plus chegan da man de Samsung e Lenovo como unha alternativa versátil e potente que permite levar a cabo a nosa ctividade diaria.

Samsung Galaxy Chromebook Plus

O novo Samsung Galaxy Chromebook Plus destaca por ser o máis fino e lixeiro da súa categoría, con só 1,17 kg de peso e 11,8 mm de grosor. Este Chromebook Plus conta cun procesador Intel Core 3, 8 GB de RAM, e 256 GB de almacenaxe interna, xunto cunha pantalla OLED de 15,6 polgadas e unha autonomía que acada as 13 horas.

Ademais, incorpora a nova tecla de Inserción Rápida, unha función exclusiva que permite acceder facilmente a ferramentas como Axúdame a escribir ou a inserción de emojis e GIFs cun só clic.

Lenovo Chromebook Duet 11

Por outra banda, o Lenovo Chromebook Duet 11 é un dispositivo compacto que destaca pola súa pantalla táctil WUXGA de 10,95 polgadas e o seu soporte encartábel, que o convirte nunha tablet ideal para tomar notas e traballo creativo.

Equipado cun procesador MediaTek Kompanio 838, 8 GB de RAM, e 128 GB de memoria interna, este dispositivo é perfecto para quen necesita potencia nun formato portátil. Ademais, é compatíbel co Lenovo USI Pen 2, un lapis óptico que facilita o debuxo e a escritura con precisión.

Novas funcións de IA

Máis aló do hardware, os novos Chromebook Plus incorporan tamén novas funcións de IA que Google deseñou para estes dispositivos.

  • Axúdame a escribir: Permite redactar, corrixir e cambiar o ton dos textos de maneira rápida, todo asistido polos modelos Gemini de Google.
  • Axúdame a ler: Resumo de documentos PDF, artigos ou sitios web cun só clic, e a posibilidade de profundizar en detalles específicos.
  • Traducción Instantánea: Traducir calquera contido en pantalla, desde unha videoconferencia en Google Meet ata vídeos en YouTube, en máis de 100 idiomas.
  • Micrófono estilo estudio: Mellora a calidade das videoconferencias, reducindo o ruído e axustando automaticamente a iluminación e o brillo para que te vexan e escoiten mellor.

Ademais de nestes dous dispositivos, estas novas funcións de IA estarán dispoñíbeis en todos os Chromebook, incluíndo as ferramentas Chat con Gemini; resumo de actividade recente ou o modo concentración, que bloquea as distraccións durante un tempo mentres se reproduce música ou sons ambientais que axudan a mellorar a produtividade.

Sobre o autor

Reply