A compañía de fibra e móbil Finetwork continúa a ampliar o seu catálogo de tarifas coa introdución dunha nova oferta para liñas adicionais. Con este novo plan ofrece 40 GB de datos móbiles por 6,90 €/mes, o que a convirte nunha das mellores opcións dispoñíbeis no mercado en termos de relación prezo – GB.
A nova tarifa, ademais dos 40 GB de datos con velocidade 5G, inclúe chamadas ilimitadas, 100 SMS e a posibilidade de acumular e compartir os GB non empregadso. Non ter permanencia e o seu prezo é para sempre.
Finetwork permite contratar até 4 liñas adicionais nas súas súas tarifas converxentes, podéndose beneficiar desta oferta tanto as novas altas como as portabilidades.
Ampliación da oferta de fibra e móbil de 600 Mbps por 25,90 €/mes
Ademais deste plan novo, Finetwork tamén anunciou a ampliación por un mes máis dunha das súas ofertas máis competitivas: unha liña de fibra con velocidade de 600 Mbps simétricos con 2 liñas móbiles con 30 GB por 25,90 €/mes, prezo definitivo.
Esta oferta, cuxa contratación está aberta de forma limitada, destaca por ser unha das opcións máis competitivas entre os produtos converxentes actuais do panorama español.
Finetwork, construíndo unha alternativa
Con estas novas tarifas Finetwork afianza a súa posición como un dos operadores máis competitivo do mercado telco, fronte marcas como Digi.
A súa combinación de prezos accesíbeis, flexibilidade e servizos sen permanencia convértena nunha excelente opción para as usuarias que buscan maximizar os seus datos e servizos sen comprometer a súa economía.