Fíltranse a primeira imaxe do Google Pixel 9A

Coa nova serie Pixel 9 case recén saída do forno, comezan a chegar os primeiros rumores arredor do Pixel 9A. Con el chega unha sorpresa: Google parece abandonar o seu característico visor na cámara traseira. Isto a primeira vista ofrece un deseño máis elegante e simple , con dúas cámaras traseiras e un corpo semellante ao do Pixel 9.

A filtración de Android Headlines en colaboración con Onleaks non aporta moita máis información, máis aló desta información relativa ás cámaras. Apúntase a que podería vir con Android 15 de serie, sendo un dos primeiros dispositivos en incorporar esta versión do sistema operativo. Tamén a que podería ser o último modelo en incluír un chip Tensor, xa que moitas informacións apuntan a que Google orientaría os seus procesadores cara TSMC no 2025.

O Pixel 9A, ao igual ca os seus predecesores, será unha oportunidade para desfrutar dun dispositivo fabricado por Google cun prezo máis contido. Se segue a liña dos anteriores -e todo apunta a que si- converterase nunha boa alternativa para competir na gama media na que se move.

Sobre o autor

Reply