O Prime Day é un dos eventos de descontos máis esperados do ano. Organizado por Amazon, ofrece oportunidades únicas para conseguir produtos a prezos reducidos. Neste outono, o Prime Day celebrarase os días 8 e 9 de outubro, e unha das marcas destacadas que participa é Dreame, especializada en solucións para o fogar intelixente.
Produtos destacados de Dreame no Prime Day de outono
Durante este Prime Day de outono, Dreame ofrece importantes descontos en varios dos seus produtos estrela, desde robots aspiradores até aspiradores en seco e húmido, dispoñíbeis a través da súa tenda oficial en Amazon.es. :
- Robot Aspirador X40 Ultra Complete por 1.199€ (-20%): Este é o robot aspirador máis potente de Dreame, con 12.000Pa de succión e a tecnoloxía RoboSwing MopExtend, que permite acadar rincóns difíciles. Inclúe unha estación base de autolimpieza e capacidade de enchido automático, eliminando a necesidade de mantemento constante.
- Robot Aspirador L40 Ultra por 1.049€ (-12%): Con 11.000Pa de succión e o cepillo antienredos TriCut, este modelo é unha excelente opción en termos de calidade-prezo. Esta oferta estará dispoñible exclusivamente do 10 ao 13 de outubro.
- Robot Aspirador Dreame L20 Ultra Complete por 749€ (-25%): Este robot aspirador destaca polo seu rendemento avanzado, ideal para limpar eficazmente todas as esquinas e rincóns do fogar, sendo un dos mellor valorados en Amazon.
O fabricante tamén ofrece robots aspiradores máis accesíbeis para aquelas persoas que contan cun orzamento máis reducido:
- Dreame D10 Plus Gen 2 por 279€ (-20%): Inclúe función de fregado e recollida automática de po cunha bolsa de 4L e unha potencia de succión de 6.000Pa, ideal para unha limpeza eficiente e sen complicacións.
- Dreame L10S Ultra Gen 2 por 599€ (-14%): O último modelo lanzado por Dreame, equipado con tecnoloxía avanzada para mellorar a experiencia de limpeza no fogar.
Ademais dos robots aspiradores, Dreame ofrece descontos nas súas aspiradores en seco e húmido:
- Dreame H12 Pro por 289€ (-17%): Este modelo permite cambiar entre tres modos de limpeza, incluíndo a limpeza en húmido, sendo especialmente eficaz en áreas difíciles como zócalos e esquinas grazas ao seu cepillo mellorado.
- Dreame R20 por 299€: Unha excelente opción para quen busca unha limpeza en seco, agora dispoñible con 50€ de desconto.
Ademais, outros produtos como o Dreame H14 Pro e o Dreame L10s Ultra tamén contarán con importantes descontos durante o Prime Day.
Cando aproveitarse dos descontos de Dreame
Os descontos de Dreame estarán dispoñíbeis durante o Prime Day de Amazon, que se celebra esta entre mañá e pasado (8 e 9 de outubro). Porén, algunhas ofertas prolongaranse até o 13 de outubro.
Para poder beneficiarse destas ofertas, as usuarias deben acudir á tenda oficial de Dreame en Amazon.
