Jazztel, unha das marcas do grupo MASORANGE, vén de lanzar unha nova oferta flash destinada ás usuarias que buscan unha un plan con moitos datos móbiles sen comprometer a velocidade da súa conexión de fibra. Esta oferta conxunta de fibra e móbil nón só destaca pola cantidade de datos, senón tamén polo seu prezo competitivo.
A nova oferta flash de Jazztel destaca por ser unha das tarifas máis completas e con máis datos dispoñíbeis no catálogo da operadora. Entre as cousas que inclúen están:
- Fibra 600 Mbps. Conexión de fibra óptica con velocidade simétrica de 600 Mbps.
- Liña móbil con 100 GB de datos 5G. Unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 100 GB de datos a velocidade 5G.
- Teléfono fixo: unha liña fixa con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles.
O seu prezo definitivo é de 44,95 €, o que supón tan só un euro máis que o plan de 60 GB da compañía, é dicir, 40 GB adicionais por 1 €. O truco está en que se trata dunha oferta flash, é dicir, contratabel unicamente durante un período promocional limitado no tempo, aínda que conservando os seus beneficios para sempre.
A oferta ten unha permanencia de 12 meses, e permite outros axustes para personalizar máis a oferta:
- Fibra 1 Gbps. Pagando 8 €/mes podemos incrementar a velocidade até 1 Gbps.
- Liñas adicionais. Pódense engadir até 3 liñas móbiles adicionais, que poden incluír 25 GB por 8 €/mes ou 60 GB por 12 €/mes.
En definitiva, a nova oferta flash de Jazztel representa unha opción atractiva para aquelas persoas que buscan máis datos e unha conexión de fibra de alta velocidade a un prezo accesíbel. Con 100 GB de datos móbiles, 600 Mbps de fibra óptica e a posibilidade de personalizar o plan engadindo liñas adicionais ou aumentando a velocidade de conexión, esta tarifa é unha das máis completas e flexibles no mercado actual.
