Avatel cambia de donos, pero Telefónica queda fóra da operación

A compra de Avatel, o quinto operador de telecomunicacións do Estado español, xerou un gran interese nos últimos meses. Telefónica, un dos maiores grupos do sector, era unha das principais candidatas para facerse coa empresa por un montante de arredor de 700 millóns de euros. Con todo, a operación acabo tomando outro rumbo, e finalmente foi o presidente e fundador de Avatel, Víctor Rodríguez, quen aumentou a súa participación na compañía até controlar o 60% do capital.

Telefónica fóra da compra de Avatel

Nos últimos días, as informacións apuntaban a que Telefónica estaba preto de pechar a compra de Avatel, pero finalmente, a empresa española decidiu non continuar co proceso de adquisición. O que parecía unha operación case segura tomou outro rumbo, coa entrada en escena de Inveready, un fondo de capital de risco liderado por Josep María Echarri.

Víctor Rodríguez, que até o de agora controlaba o 25% do capital de Avatel, chegou a un acordo co resto dos seus socios, o que lle permitiu facerse co 60% da compañía. Pola súa parte, Inveready fíxose co 40% restante, sacudindo o mercado das telecomunicacións, que xa daba por feito o movemento de Telefónica.

Saída dos fundadores e nova estrutura

A operación supón tamén a saída de dous dos fundadores de Avatel, Ignacio Aguirre e Jorge Gómez, que até o de agora ocupaban os postos de conselleiro delegado e vicepresidente da compañía, respectivamente. Isto permitiu a Víctor Rodríguez consolidar o control sobre a empresa.

A operación, valorada finalmente en 500 millóns de euros, menos do inicialmente previsto, sitúa a Inveready como o principal socio do grupo, cun 40% da compañía. O Banco Santander foi o encargado de asesorar a Avatel durante todo o proceso, avaliando diferentes propostas chegadas dende fondos internacionais.

Impacto no mercado das telecomunicacións

Avatel, o quinto operador de telecomunicacións por volume de facturación, segue consolidándose como un actor clave no sector. En 2023, o operador adquiriu 25 compañías que se sumaron aos 155 operadores integrados cos que xa contaba. A súa aposta pasa por facerse con pequenos operadores locais, moitos deles en Galiza, aumenta o seu compromiso pola Internet rural.

Agora, todos os ollos están postos na CNMC, que debe aprobar a transacción para que Víctor Rodríguez asuma o posto de CEO de Avatel, salvo algún cambio de última hora.

Sobre o autor

No Responses

Reply