O 5G de MASORANGE chega a 3.500 concellos de todo o Estado

MASORANGE, o principal operador de telecomunicacións estatal en número de clientes, acelerou o despregamento da súa rede 5G neste 2024. Grazas a isto, 3.530 concellos de todo o Estado dispoñen xa de acceso a esta tecnoloxía de conectividade móbil, tanto en zonas urbanas como en entornos rurais, co obxectivo de reducir a fenda dixital.

Ao remate deste ano, a compañía prevé conectar preto de 3.700 concellos, o que supón 1.100 concellos máis sobre os cubertos a finais de 2023. Actualmente, a rede 5G de MASORANGE acada o 86% da poboación, achegando velocidades ultrarrápidas e baixa latencia.

Cos avances previsto, a finais de 2024 case o 100% dos concellos de máis de 10.000 habitantes estarán conectados á rede 5G de MASORANGE. No que ten que ver coa cobertura rural, en decembro a compañía conta ter despregado 5G en 2.400 concellos de menos de 5.000 habitantes, dos cales a metade son poboacións inferiores a 1.000 habitantes.

Banda de 700 MHz

MASORANGE posicionouse como líder no despregamento de nodos na banda de 700 MHz, con preto de 9.800 estacións en todo o Estado. Esta banda ofrece unha mellora cobertura en interiores e áreas rurais, grazas ao seu maior alcance, polo que destaca o seu uso en zonas de baixa densidade de poboación.

5.500 destes nodos distribúense en 2.500 vilas e concellos de menos de 50.000 habitantes, e 600 en poboacións con menos de 1.000 persoas.

Operadores de MASORANGE

O grupo MASORANGE, xurdido da fusión dos grupos Orange e MásMóvil, aglutina un total de 16 marcas que se están vendo beneficiadas destas melloras da rede. En Galiza resulta especialmente importante pola presenza de R, unha das marcas con máis usuarias deste grupo no noso país.

Ademais de R, forman parte do grupo MASORANGE as marcas Orange, Simyo, Jazztel, Masmovil, Yoigo, Pepephone, Euskaltel, Telecable, Virgin Telco, Lycamobile, Lebara, LlamaYa, Guuk, Embou e Populoos.

Sobre o autor

Reply