Honor vén de anunciar a integración de Circle to Search, a nova funcioanlidade que simplifica a busca de inforamción en Google a través da intelixencia Artificial (IA) en varios dos seus modelos. En concreto, esta nova tecnoloxía está dispoñíbel tanto no Honor Magic V3, o actual smartphone encartábel máis fino do mercado, e na serie Honor 200.
Como xa temos comentado, Circle to Search permite ás usuarias buscar de forma intuitiva calquera cousa que vexan no seu teléfono, sen necesidade de cambiar de aplicación. A funcionalidade é tan sinxela como debuxar un círculo, resaltar ou tocar calquera área da pantalla—xa sexa texto, imaxes ou vídeos—para acceder a información adicional en Google. Esta innovación achega unha nova experiencia de busca que mellora a comodidade e rapidez no día a día.
Honor e o seu ecosistema de IA
A integración da intelixencia artificial (IA) nos nosos smartphones está a ser o gran tema deste 2024. No caso de Honor, a marca desenvolveu unha arquitectura de IA de catro capas, que combina IA no dispositivo e na nube, garantindo a protección da privacidade e dos datos das usuarias.
Os dispositivos máis recentes de HONOR, como o Magic V3, incorporan funcionalidades avanzadas de IA, incluíndo o Borrador AI, Traducción Cara a Cara e HONOR Notas, que melloran a produtividade. Ademais, tecnoloxías como a detección de deepfake AI e a protección ocular AI Defocus abordan desafíos de seguridade e saúde no uso de smartphones.
Prezo e dispoñibilidade do Honor Magic V3
O Honor Magic V3 está dispoñíbel desde o pasado 5 de setembro, cun prezo de partida de 1.999 €. Actualmente, no Estado español pode adquirirse cunha oferta especial que inclúe un desconto de 300 € (deixando o teléfono en 1.699 €), agasallos como o Honor Watch 4, Honor EarBuds X6 e o cargador Honor SuperCharge 100W e 6 meses de protección de pantalla.