Filtrado o deseño do Xiaomi 15 Pro a mans do vicepresidente da compañía

Unha cámara indiscreta deixou ver o deseño do próximo Xiaomi 15 Pro, revelando interesantes novidades. Malia os esforzos da compañía por manter en secreto o seu novo buque insignia, a imaxe filtrada amosa parte do dispositivo en mans do seu vicepresidente, Wang Xiaoyan.

Desta foto destaca o seu módulo de cámara, que presenta unha disposición novidosa, co flash situado fóra do mesmo, unha característica que xa se fóra suxerido en filtracións previas. O dispositivo aparece en cor negra, pero se espera que tamén estea dispoñíbel en branco e prata, con rumores que apuntan a un acabado en cerámica para o módulo da cámara.

En canto ás súas especificacións, espérase que o Xiaomi 15 Pro conte cunha pantalla de 6.78 polgadas cunha taxa de refresco de 120 Hz e estea equipado co novo chipset Snapdragon 8 Elite, acompañado de 16 GB de RAM e ata 1 TB de almacenamento. Ademais, a cámara principal tería 50 MP cunha apertura variábel, xunto cunha lente ultra gran angular e un teleobxectivo das mesmas características.

Contará cunha batería de 6.000 mAh e carga rápida de 90W por cable e 80W sen fíos, polo que o Xiaomi 15 Pro promete destacar no apartado da autonomía. Aínda que o lanzamento oficial non ten data confirmada, especúlase que chegará primeiro ao mercado chino, cunha expansión global a finais de ano.

Sobre o autor

Reply