DIGI vén de actualizar o seu portfolio de tarifas, co lanzamento dun novo produto de Fibra SMART de 300 Mbps por 10 €/mes. Ademais, a operadora actualiza todas as súas tarifas de móbil, que inclúen máis datos e prezos máis axustados.
Nova Fibra de 300 Mbps por 10 €/mes
O investimento de DIGI na construción da súa propia rede de fibra permítelle á compañía axustar os prezos ao máximo, e facer melloras sen comprometer as súas contas. Así, nas zonas de cobertura propia a operadora comercializa unha nova proposta de fibra con 300 Mbps por 10 €/mes. Unha oferta básica destinada a usuarias que non precisan solucións de conectividade moi completas.
A seguinte proposta de Fibra Smart, que viña ofrecendo 500 Mbps por 15 €/mes, tamén se actualiza, mais neste caso incrementando a velocidade da fibra a 600 Mbps. Deste modo, tanto as novas usuarias deste plan como as que o viñan disfrutando, terán maiores velocidades sen cambios nas condicións económicas.
A oferta de Fibra Smart complétase cos plans de 1 Gbps por 20 € e de 10 Gbps por 25 €/mes, que permanecen sen cambios.
Novos plans de telefonía móbil
A oferta de telefonía móbil tamén se actualiza, con plans máis axustados en prezo e moitos máis datos móbiles. A oferta distingue os plans móbiles asociados a un produto de fibra dos que se ofrecen como liñas móbiles por libre.
Os plans móbiles asociados a un plan de fibra resúmense en catro:
- 30 GB de datos e chamadas ilimitadas por 5 €/mes (antes 15 GB).
- 60 GB de datos e chamadas ilimitadas por 6 €/mes (antes 30 GB).
- 120 GB de datos e chamadas ilimitadas por 8 €/mes (antes 100 GB).
- Datos e chamadas ilimitadas por 10 €/mes (antes 15 €/mes).
Os plans móbiles non asociados á fibra quedan como segue:
- 30 GB de datos e chamadas ilimitadas por 7 €/mes (antes 15 GB).
- 60 GB de datos e chamadas ilimitadas por 10 €/mes (antes 30 GB).
- 120 GB de datos e chamadas ilimitadas por 12 €/mes (antes 100 GB e 13 €/mes).
- Datos e chamadas ilimitadas por 15 €/mes (antes 20 €/mes).
Proposta de valor de DIGI
Como xa avanzamos, todos os cambios aplícanse de forma automática ás usuarias actuais, sen ter que solicitalo. Tamén están dispoñíbeis para novas contratacións.
A nova oferta mantén todas as características dos plans da compañía, como a navegación a velocidade 5G e a posibilidade de acumular os datos non usados para consumir durante o mes seguinte.
Máis info | Digi