1 de cada 3 usuarias recorren ás páxinas de comparación de seguros de coche

O mercado dos seguros está a experimentar unha transformación significativa, impulsada pola dixitalización. As consumidoras tenden a cada vez máis a empregar as plataformas comparativas online para informarse e elixir o seguro que mellor se adapta ás súas necesidades. Así o confirma unha enquisa realizada por Prima Seguros, unha insurtech que actúa como axencia de seguros especializados no sector da automoción.

A enquisa, realizada en colaboración con Nielsen, revela que un 31,4% das usuarias considera as plataformas comparativas online como a súa principal fonte de información. Estes portais permiten ás usuarias avaliar características, prezos e coberturas de diferentes aseguradas de forma rápida, facilitando a elección da póliza.

O aumento do uso de plataformas comparativas online sinala un cambio nos hábitos de busca das consumidoras na busca da simplicidade e accesibilidade nas súas decisións sobre o seguros. Porén, a enquisa revela que as recomendacións seguen xogando un papel chave.

Segundo o estudo, o 22,7% das persoas que participaron na enquisa recorre ás recomendacións de amizades e familiares, mentres que o 22,4% opta polo asesoramento profesional de corredores ou axentes de seguros. As reseñas online inflúen a un 12,1% das usuarias, mentres que os grupos en redes sociais e blogs especializados aportan un 6,4% adicional en conxunto. Tan só o 5% recoñece ter sido influenciado polos anuncios en medios de comunicación.

Sobre o autor

Reply