HONOR anuncia o HONOR 200 Smart para competir na gama media

HONOR vén de anunciar a dispoñibilidade no noso país dun novo dispositivo de gama media, o HONOR 200 Smart. Un trebello que promete destacar en termos de durabilidade e rendemento, con características avanzadas e un prezo accesíbel. Resistencia, batería de longa duración e capacidades fotográficas son tres dos aspectos chave deste novo smartphone.

Protección fronte ás caídas e auga e batería de longa duración

HONOR apunta que este smartphone está deseñado para resistir “o inesperado”, e iso reflicte a súa clasificación de 5 estrelas en resistencia a caídas, certificada por SGS Premium Performance. Ademais, conta con certificación IP64, que asegura protección fronte ao po e salpicaduras de auga. Isto convérteo nun dispositivo perfecto para quen busque un móbil resistente ás esixencias do día a día, sexa fronte a caídas accidentais ou condicións climáticas imprevisibles.

A súa batería de 5.200 mAh de capacidade promete até 55 horas de reprodución de música ou 19 horas de streaming. É compatíbel ademais coa carga HONOR SuperCharge de 35 W a través de cabos USB-Tipo C. Ademais, co modo de aforro de enerxía Ultra de HONOR permite realizar até 60 minutos de chamadas cun 2% de batería restante.

Fotografía potenciada por IA e pantalla inmersiva

O HONOR 200 Smart tamén destaca polas súas capacidades fotográficas, grazas á súa cámara principal de 50 MP e a tecnoloxía de IA integrada. Isto permite capturar imaxes con gran claridade e detalle, ofrecendo ás usuarias a posibilidade de inmortalizar os seus momentos especiais cunha calidade aceptábel para un modelo desta gama.

Está equipado cunha pantalla de 6,80 polgadas con resolución Full HD+ (2412 x 1080), ofrecendo unha experiencia visual envolvente, ideal tanto para a produtividade como para o entretemento. Ademais, a frecuencia de actualización de 120 Hz asegura un desprazamento fluído, mentres que a certificación TÜV Rheinland Low Blue Light reduce a fatiga ocular tras longas sesións de uso.

Dispoñibilidade e prezo

O novo HONOR 200 Smart está dispoñíbel en dous acabados, negro medianoite e verde bosque, cun prezo de lanzamento de 199€.

Sobre o autor

Reply