Novas experiencias de Google nos móbiles Motorola

Motorola, unha mara de Lenovo, continúa a implementar novas experiencias que melloran o xeito en que as persoas interactúan cos seus dispositivos, grazas á súa colaboración con Google. Esta alianza permítelle ás usuarias de Motorola disfrutar de ferramentas innovadoras baseadas en intelixencia artificial, mellorando aspectos como a busca, a mensaxería e a edición de fotos. Con isto, a marca quere contribuír a facer facer as tarefas cotiás máis intuitivas, eficientes e personalizadas, ofrecendo solucións que simplifican a vida diaria.

Circle to Search: Busca información sen cambiar de aplicación

Logo de ter sido presentado cos Galaxy S24 e ser incluída nos modelos Pixel, a funcionalidade Circle to Search chega a certos smartphones de Motorola. Coa súa implementación, pódese buscar dunha forma máis intuitiva calquera información, sen saír da aplicación na que nos atopemos: tan só haberá que rodear ou destacar o elemento para acceder instantamente aos resultados da busca.

Ademais, Circle to Search tamén pode identificar cancións que estean soando no momento. Tan só se precisa manter pulsado o botón de inicio ou a barra de navegación e premer na icona de música para descubrir que tema está a soar. Esta función simplifica enormemente o proceso de busca, evitando capturas de pantalla ou a necesidade de cambiar entre aplicacións.

Conversas máis naturais con Gemini Live

Motorola incorpora tamén o asistente de intelixencia artificial Gemini, que mellora tanto a creatividade como a produtividade. Con Gemini Live, as usuarias poden interactuar dun xeito máis natural, omitindo a escrita e mantendo conversas verbais. Isto fai que sexa máis sinxelo e rápido falar con Gemini para xerar ideas, planificar eventos ou preparar entrevistas.

Esta nova función está dispoñíbel tamén na pantalla externa dos novos motorola razr 50 ultra e motorola razr 50, facilitando un acceso rápido e intuitivo para mellorar a experiencia dos usuarios coa axuda da IA.

Mensaxería máis intelixente e personalizada

A colaboración entre Motorola e Google tamén leva a melloras significativas na mensaxería. Grazas ao soporte de RCS (Servizos de Comunicación Enriquecida), os dispositivos Motorola permiten personalizar as conversas, cambiando a cor das burbullas ou os fondos das conversacións, e mesmo enviar selfies en formato GIF.

A función Redacción Máxica, impulsada pola IA de Gemini, ofrece suxestións de respostas e permite crear mensaxes estilizadas. Deste xeito, as usuarias poden escoller entre diferentes tons para as súas respostas, desde un enfoque máis formal ata un ton divertido e creativo, facendo que a comunicación sexa máis efectiva e persoal.

Edición e organización de fotos con Google Fotos

Por último, a aplicación Google Fotos nos smartphones Motorola non só permite organizar as fotos sen esforzo, senón que tamén inclúe ferramentas de edición avanzadas impulsadas por IA. Con funcionalidades como o Editor Máxico ou o Borrador Máxico, as usuarias poden modificar imaxes de maneira sinxela. Por exemplo, é posíbel cambiar a posición dos suxeitos ou mellorar o fondo das fotos cun simple xesto, facilitando edicións complexas.

Esta colaboración entre Motorola e Google está comprometida a seguir innovando, co obxectivo de ofrecer ás usuarias as mellores solucións e ferramentas tecnolóxicas para mellorar as súas rutinas diarias.

Sobre o autor

Reply