Create lanza a súa primeira liña de televisores, combinando deseño e tecnoloxía avanzada

A marca española de electrodomésticos de deseño, Create, coñecida polo seu enfoque innovador en produtos para o fogar, decidiu dar un paso máis e adentrarse no competitivo mundo dos televisores. Este novo lanzamento reforza a súa misión de combinar estética e tecnoloxía en cada recuncho do fogar, ofrecendo unha experiencia visual superior sen sacrificar o estilo. As novas televisións Smart TV QLED 4K de Create están dispoñíbeis en dous modelos: TV Art Matte e TV Color Studio, cada un deseñado para achegar valor tanto estético como funcional.

Create, que consolidou a súa presenza en Europa con produtos de deseño accesíbeis, busca agora revolucionar o mercado das televisións ao combinar tecnoloxía de punta con características decorativas. Estes novos modelos non só ofrecen unha calidade de imaxe e son elevados, senón que tamén están deseñados para integrarse perfectamente na decoración de calquera fogar. A súa aposta pola TV Art Matte é especialmente rechamante, xa que permite utilizar a televisión como unha galería de arte persoal, elevando a estética do espazo con obras que se adaptan a cada gusto e estilo.

A TV Art Matte é o modelo estrela desta liña. Cunha pantalla mate e sen reflexos, e marcos que simulan madeira, esta televisión convértese nunha peza máis dentro da decoración do fogar. Ademais, conta cunha selección de 36 obras de arte e colaboracións co Metropolitan Museum of Art para que as usuarias poidan decorar os seus espazos con cadros de gran renome. A nivel técnico, non queda atrás: a tecnoloxía Dolby Vision e Quantum Dot Colour aseguran cores vivas e brillantes, mentres que o soporte para parede de mínimo grosor permite que o televisor se integre perfectamente en calquera habitación.

Por outra banda, o modelo TV Color Studio está pensado para as máis atrevidas. Dispoñíbel en dous tamaños (43″ e 50″), este modelo destaca pola súa variedade de cores nas patas e embellecedores, con opcións que van dende o terracota ata o azul cobalto, permitindo personalizar a televisión segundo a decoración do fogar. Ademais, incorpora unha función innovadora que axuda ás usuarias a atopar o mando a distancia, unha solución práctica e funcional.

Dispoñibilidade e prezos

En canto aos prezos, a TV Art Matte de 55 polgadas ten un prezo de 899,95 €, mentres que a TV Color Studio está dispoñible en dúas versións: a de 43 polgadas por 339,95 € e a de 50 polgadas por 399,95 €. Ambos modelos ofrecen unha experiencia visual e de son inmersiva, combinando o deseño vangardista co último en tecnoloxía.

Sobre o autor

Reply