realme anuncia para novembro a chegada do GT 7 Pro co novo Snapdragon 8 Elite

Tras o anuncio do novo procesador de Qualcomm, o Snapdragon 8 Elite, o fabricante realme avanzou a chegada do realme GT 7 Pro para o mes de novembro. Trátase do primeiro dispositivo equipado con este procesador que chegará ao noso mercado, e que establece un novo estándar en rendemento para o fabricante, adentrándose cada vez máis na gama alta.

O novo procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite conta cunha avanzada tecnoloxía de proceso de 3 mm, que garante gran eficiencia enerxética. Ademais incorpora unha nova arquitectura de procesador octa-core 2+6, cunha velocidade de reloxo superior a 4 GHz. Este avance ofrece potencia e rendemento, enfocándose ás capacidades de procesamento que precisa a IA.

Coa integración deste procesador no realme GT 7 Pro, o fabricante quere ofrecer ás usuarias do noso país un dispositivo equipado co chip máis avanzado, que conseguiu unha puntuación de referencia Antuto superior a 3 millóns.

Haberá pois que agardar ao mes de novembro para coñecer todas as novidades que realme introducirá no novo dispositivo, e tamén o prezo co que sae ao mercado.

Sobre o autor

Reply