HONOR anunciou o lanzamento da súa nova serie Magic7, que estará impulsada pola plataforma móbil Snapdragon 8 Elite de Qualcomm, recén anunciada. Este novo dispositivo, que foi adiantado no Snapdragon Summit 2024, inaugura unha nova era de IA móbil, con innovacións como o AI Agent, o primeiro axente de intelixencia artificial integrado nun dispositivo para un ecosistema aberto, e o renderizado gráfico en tempo real mediante IA para xogos, algo nunca visto no sector.
Autopilot IA: O futuro da intelixencia artificial en dispositivos móbiles
A serie Magic7 marcará un antes e un despois grazas ao AI Agent, unha intelixencia artificial que permite unha interacción máis intuitiva e personalizada. Cunha soa mensaxe de texto ou de voz, este axente pode realizar tarefas como pedir comida a domicilio ou xestionar as túas preferencias de maneira intelixente, aprendendo dos nosos hábitos, por exemplo, solicitando un café ao noso gusto automaticamente.
O AI Agent tamén pode facilitar tarefas como a cancelación de subscricións non desexadas, a planificación de viaxes, ou a xestión de notificacións. Estas funcionalidades, dispoñibles coa actualización MagicOS 9.0, traen un nivel de comodidade e automatización sen precedentes, inaugurando a era da Autopilot IA nos dispositivos móbiles.
IA no hardware: Renderizado gráfico mellorado para xogos
Outra gran novidade da serie Magic7 é a integración da IA xerativa nos xogos mediante computación NPU. Isto permitirá mellorar a experiencia de xogo ao reducir a carga na GPU, diminuíndo a temperatura do dispositivo e proporcionando unha maior calidade de imaxe. Con esta innovación, os xogadores gozarán dun rendemento gráfico superior sen comprometer o rendemento xeral do dispositivo.
MagicRing: Conectividade perfecta nun ecosistema AI-first
Durante o Snapdragon Summit 2024, HONOR tamén presentou a súa tecnoloxía MagicRing, que facilita a conectividade entre dispositivos e unha experiencia fluída entre smartphones, tablets e PCs. Por exemplo, coa integración con Cocreator en Windows sobre Snapdragon, as usuarias poden crear ilustracións detalladas a partir de simples bosquexos, accedendo a esta funcionalidade dende múltiples dispositivos HONOR.
A serie Magic7, potenciada por Snapdragon 8 Elite e MagicOS 9.0, está deseñada para ofrecer unha experiencia de uso intuitiva, con funcionalidades avanzadas de IA que permiten unha interacción máis natural e eficiente en todo o ecosistema de produtos HONOR.
Lanzamento e dispoñibilidade
A presentación oficial da serie HONOR Magic7 terá lugar en China o próximo 30 de outubro de 2024. Este evento revelará máis detalles sobre como HONOR planea transformar o mercado coa súa nova tecnoloxía de Autopilot IA e IA xerativa nos xogos.
