OnePlus vén de lanzar OxygenOS 15, una nova verisón do seu sistema operativo coa que promete revolucionar a experiencia Android. Para ilo combina un rendemento e deseño renovados, e funcións avanzadas de intelixencia artificial (IA).
Con foco na velocidade e fluidez, OxygenOS 15 incorpora tecnoloxía de procesamento simultáneo, permitindo que o sistema xestione varias aplicacións sen interrupcións. Esta optimización de recursos tamén libera case un 20% de espazo de almacenamento, o que garante unha experiencia sen ralentizacións e máis espazo para apps e arquivos.
Para as amantes da fotografía, OxygenOS 15 introduce funcións potentes de IA que, segundo apuntan, son capaces de transformar as imaxes en “verdadeiras obras de arte”. Con AI Detail Boost, as fotos de baixa resolución poden converterse en imaxes en 4K, mentres que ferramentas como AI Reflection Eraser eliminan reflexos non desexados para dar un aspecto máis natural. A función AI Unblur engade nitidez ás fotos movidas, asegurando que cada captura sexa clara e precisa.
Ademais de optimizar a experiencia visual, OnePlus traballou en mellorar a produtividade diaria das usuarias. Integrando modelos de IA de Google Gemini, OxygenOS 15 introduce funcións como Intelligent Search, que permite buscar contido no dispositivo de xeito avanzado, e AI Reply, que xera respostas automáticas en aplicacións de mensaxería, aforrando tempo e esforzo nas conversas.
O deseño de OxygenOS 15 é outro dos puntos fortes desta actualización. OnePlus traballou nunha estética renovada, integrando efectos de brillo e desenfoque gaussiano que aportan unha experiencia visual elegante e moderna. Ademais, os elementos do sistema, desde a configuración ata as notificacións, foron simplificados para ofrecer unha navegación harmoniosa e clara, mentres que as usuarias poden personalizar os detalles para reflectir o seu estilo.
No ámbito da seguridade, OxygenOS 15 dá un paso adiante con medidas de protección avanzadas, que inclúen a detección de situacións de roubo e o bloqueo remoto do dispositivo, entre outras. Grazas a estas funcionalidades, OnePlus asegura que a privacidade do usuario está sempre protexida.
Dispoñibilidade de OxygenOS 15
OxygenOS 15 lánzase inicialmente no OnePlus 12, cunha beta aberta dispoñible a partir do 30 de outubro, e marca un antes e un despois no compromiso da compañía coa súa comunidade.